miniatura|Celebración do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia no ano 2009 en Rusia, un dos países onde existe máis homofobia. O Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia (en inglés, International Day Against Homophobia and Transphobia, IDAHOT) celébrase o 17 de maio para conmemorar a eliminación da homosexualidade da lista de doenzas mentais por parte da Asemble Xerral da Organización Mundial da Saúde (OMS), que tivo lugar o 17 de maio de 1990. O seu obxectivo principal é o de cordinar todo tipo de accións que sirvan para denunciar a discriminación da que son obxecto as persoas homosexuais, lesbianas, bisexuais e transexuais, e así facer avanzar os seus dereitos en todo o mundo.

Celebrouse por vez primeira no ano 2004.

Temas do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia Ano Tema 2004/2005 For the Recognition of an International Day Against Homophobia (IDAHO) ("Polo recoñecemento dun Día Internacional contra a Homofobia") 2005/2006 For a Universal Decriminalisation of Homosexuality ("Por unha descriminalización universal da homosexualidade") 2006/2007 No to Homophobia, Yes to Education ("Non á homofobia, si ao ensino") 2007/2008 No more Lesbophobia ("Non máis lesbofobia") 2008/2009 Against Transphobia and for the Respect of Gender Identity ("Contra a transfobia e polo respecto da identidade de xénero") 2009/2011 Religions, Homophobia, Transphobia (Global Kiss-In; Cures That Kill) ("Relixións, homofobia, transfobia (Beso Global; Curas que matan)") 2011/2012 Fighting Homophobia in and through Education ("Loitemos contra a homofobia no e a través do ensino") 2012/2013 The Global Rainbow Flashmob 2014 Liberdade de expresión 2015 Xuventude LGBT 2016 “Saúde Mental e Benestar”

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Declaración de Montreal Ligazóns externas lgtb.org

Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas Categoría:LGBTIQ+ Categoría:Homofobia