Premio Lois Tobío ao Libro traducido foi un galardón, existente entre 2005Premios da Edición 2006, CCG, 19 de decembro de 2006. e 2015, que entregaba a Asociación Galega de Editores á mellor obra traducida de cada ano cara á lingua galega, e que formaba parte á súa vez dos Premios da EdiciónFinalistas dos Premios da Edición en 2014 , na páxina web da editorial Xerais.. O premio deixou de celebrarse tras a unión dos respectivos premios da AGE, a AELG e mais a Federación de Librarías de Galicia, que deu como resultado a Gala do Libro Galego, cuxa primeira edición aconteceu en 2016. O galardón era así mesmo un recoñecemento ao labor de tradución dun persoeiro das letras galegas, Lois Tobío Fernández.
Con este premio foron distinguidos, entre outros, María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle pola tradución conxunta do UlisesCinco libros de Galaxia entre os finalistas dos premios da Edición , nova na web da editorial Galaxia o 18 de febreiro de 2014., Ramón Gutiérrez Izquierdo por Sonetos de ShakespeareOs editores premian a Queipo, Fernández Paz e Lois Pereiro, nova en Culturagalega.org o 12 de marzo de 2012., Isabel Soto e Xavier Senín por A odisea contada aos nenos ou Darío Xohán Cabana por As floriñas de San FranciscoEntregados os Premios Ánxel Casal da Edición de 2014, nova na Axenda da AELG o 16 de marzo de 2015..
Restrinxido ás obras publicadas polas editorais asociadas á AGE, nun principio optou por recoñecer os libros traducidos e publicados en lingua galega entre o 1 de decembro dun ano e o 30 de novembro do seguintePremios da Edición 2005, ''Bretemas, 16 de novembro de 2005.. Máis adiante, adoptou un calendario regular e pasou a entregar os galardóns a ano vencido.
Edicións AnoRefírese ao ano de entrega do premio; isto é, o libro foi publicado no ano precedente. Persoa premiada Obra2005 (I edición)Mercedes PachecoManhattan Transfer de John Dos Passos (Sotelo Blanco)2006 (II edición)Luís Fernández RodríguezDon Xoán (contado por si mesmo) de Peter Handke (Sotelo Blanco)2007 (III edición)Isabel Soto e Xavier SenínA odisea contada aos nenos de Rosa Navarro Durán (Rodeira-Edebé)2008 (IV edición)Xesús FragaLolita de Vladimir Nabokov (Kalandraka)2009 (V edición)Eva AlmazánContos completos de Edgar Allan Poe (Galaxia) 2010 (VI edición) 2011 (VII edición)Ramón Nicolás30 gramos de Leonel Moura (Alvarellos) 2012 (VIII edición)Ramón Gutiérrez IzquierdoSonetos de William Shakespeare (Xerais) 2013 (IX edición)Isaac Xubín Alén da fronteira. Sete poetas vascos (VV. AA.; Kalandraka)2014 (X edición)María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón VialleUlises de James Joyce (Galaxia)2015 (XI edición)Darío Xohán CabanaAs floriñas de S. Francisco (anónimo; Alvarellos)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Premio de Tradución Plácido Castro Premio Ramón Cabanillas de Tradución Premio Xela Arias
Lois Tobío