O Senado dos Estados Unidos (en ) é a cámara alta lexislativa no sistema bicameral estadounidense, que xunto coa Cámara de Representantes forma parte do Congreso.

Reunido por vez primeira en 1789, a composición e poderes do Senado foron estabelecidos no 1º artigo da constitución estadounidense. Cada estado é representado por dous senadores, sen ter en conta a poboación, os cales son elixidos por un período de seis anos. Ata 1913 eran as lexislaturas de cada estado as que elixían os senadores que lles correspondían, pero logo de se ratificar a décimo sétima emenda en 1913 elíxense por voto popular.

A cámara do Senado atópase na á norte do Capitolio, en Washington, D.C. mentres a Cámara de Representantes atópase na súa á sur.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos do Senado dos Estados Unidos

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Senado dos Estados Unidos de América Categoría:Cámaras altas nacionais