dereita|thumb|240px|A Anunciación co Arcanxo Gabriel e María, de Philippe de Champaigne (1644). Gabriel é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita é común con outras linguas románicas, xermánicas e eslavas. A súa orixe é o hebreo Gabriél, cuxo significado é "a forza e o poder de Deus".

En xaneiro de 2023 existían 4.659 varóns en Galicia co nome Gabriel, cunha media de idade de 27 anos.Nome Gabriel na Web do Instituto Galego de Estatística

Uso do nome Fai honra ao Arcanxo Gabriel, cuxa festividade é o 29 de setembro, día en que se recordan tamén aos arcanxos Miguel e Rafael. Así mesmo fai honra a Gabriel da Dolorosa, cuxa data de celebración é o 27 de febreiro. Outro dos seus significados é "home de Deus". O seu equivalente en lingua árabe é Gibán, que significa o anunciador. A forma Gabriel coincide na maioría das linguas achegadas ao galego. Non debeu ser un nome habitual en Galicia, xa que ningunha parroquia ten a San Gabriel coma padroeiro.

Variantes noutras linguas

Alemán: Gabriel Árabe: جبريل (Jibril, Yibril o Djibril) Aragonés: GrabielEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Grabiel Belaruso: Гаўрыла Bretón: Bïel /Gabriel / Gabig Búlgaro: Гавраил (Gavrail), Гаврило (Gavrilo) Castelán: Gabriel Catalán: Gabriel, Biel (Variante nas Illas Baleares) Checo: Gabriel Eslovaco: Gabriel Éuscaro: Gabirel Francés: Gabriel Grego: Γαβριήλ (Gavriil) Hebraico: גַּבְרִיאֵל (Gavriʼel) Húngaro: Gábor Inglés: Gabriel Irlandés: Gabriel, Gaibrial Italiano: Gabriele, Gabriello Lituano: Gabrielius Polaco: Gabriel Portugués: Gabriel Romanés: Gabriel, Gabi, Gavriil Ruso: Гавриил (Gavriil), Гаврил (Gavrila), Гаврила (Gavrila); diminutivos: Gavrik, Gavryusha Serbio: Гаврило (Gavrilo) Xeorxiano: გაბრიელი (Gabrieli)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe hebrea Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos alemáns Categoría:Nomes masculinos bretóns Categoría:Nomes masculinos casteláns Categoría:Nomes masculinos cataláns Categoría:Nomes masculinos checos Categoría:Nomes masculinos eslovacos Categoría:Nomes masculinos franceses Categoría:Nomes masculinos ingleses Categoría:Nomes masculinos polacos Categoría:Nomes masculinos portugueses Categoría:Nomes masculinos romaneses