Juan Wonenburger Varela, nado na Coruña o 29 de abril de 1888 e finado na mesma cidade o 23 de setembro de 1972,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-9-1972, p. 12. foi un empresario e político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Wonenburger Cabezudo e da súa segunda muller Cayetana Varela Suárez. Masón e republicano, era amigo e socio de Santiago Casares Quiroga no Atlantic Hotel. Participou no pacto de Lestrobe. Coa chegada da Segunda República foi elixido concelleiro da Coruña e deputado provincial. Foi elixido vicepresidente da Comisión Xestora da Deputación en xullo de 1932El Pueblo Gallego, 16-7-1932, p. 5.. En 1942 fíxose socio de Wonenburger S.L.

Vida persoal

Casou con Carolina Macía Pousa. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes