Arraianos é un filme galego dirixido por Eloy Enciso que se estreou no 2012. Trátase da segunda longametraxe de Enciso. É unha crónica sobre unha pequena aldea perdida nas montañas da fronteira entre Galicia e Portugal, unha comunidade rural que se resiste a desaparecer. Os momentos de ficción coexisten coa vida diaria dos veciños que interpretan diálogos dunha obra existencialista e lírica chamada O bosque (1977), do escritor Marinhas del Valle. Recadou 5.194,28 €.
Sinopse Neste relato sobre unha pequena aldea perdida nos bosques entre Galicia e Portugal, a ficción e a vida cotiá mestúranse. Os protagonistas, os arraianos, son actores que representan a súa propia vida.
Personaxes
Eulalia González como Muller dura Aurora Salgado como Muller acañada Celsa Araújo como Muller do conto de Pitipín Antonio Ferreira como Baqueano José Izquierdo como Home da machada Hipólito Paz como Home serrando Jesús Fariñas como Home do bar Pablo Herrero como Home do acordeón Octavio Gómez como Home do bar José Gómez como Home do bar Eduardo Martínez como Home do bar Xoán Antón Losada como Home xove do bar María Rodríguez como Muller acariñando o burro María Prieto como Muller coa vaca e o tenreiro
Dolores Carredelo como Muller da misa Antonia André como Muller da misa Miguel Blanco como cura Brígida Trigo como Vella no fogo (Pitipín) Ricardo Martínez como Home na porta (Pitipín) Rosa Rodríguez como Muller na horta chovendo José Fernandes de Moura como Home na neve José Rua como Home do parto da vaca Alberto Ramos como Axudante do parto Teresa de Jesús Cuinha Araujo como Muller cantando Celeste Fernandes Vaz como Muller que ri Mª Teresa de Zé Rodrigues Araujo como Muller cantando II Maria da Cuinha como Vella recitando
Galardóns e nomeamentos 2012: Festival de Locarno: Sección oficial.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina oficial do filme
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Eloy Enciso Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de Zeitun Films