O can mapacheReal Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula Catálogo español de especies exóticas invasoras. Páx 22, BOE-A-2013-8565-G (Nyctereutes procyonoides viverrinus) é unha subespecie de Nyctereutes procyonoides, un mamífero pertencente á familia dos cánidos.
Características É unha especie do mesmo tamaño ca o raposo, mais coas patas moi curtas, o pelame moi denso e máis groso. A súa fisionomía facial lembra a dun mapache. Vive en forestas de árbores caducas con presenza dun sotobosque mesto e variado. É unha especie solitaria e nocturna. Nada ben na auga. Nas zonas máis frías, hiberna, caso único entre os cánidos. A súa alimentación é omnívora: roedores, aves, ovos, insectos, ras, froitos e tamén raigañas.
Distribución Oriúndo do leste de Asia, foi introducido na zona europea da Unión Soviética na década de 1930. Dende entón tense estendido por Finlandia, centro e sueste de Europa.
Notas
Categoría:Cánidos