Atanasii Sheptytskyi (en ; en ; en ), nado c. 1686 en Voshchantsi (Voivodato de Rutenia, Coroa do Reino de Polonia) e finado o 12 de decembro de 1746 en Lviv, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1729 até a súa morte. Traxectoria Naceu en 1686 en Voshchantsi nunha familia nobre. En 1703, pola influencia do seu tío, Varlaam Sheptytskyi, entrou no noviciado dos basilianos no mosteiro de Univ, onde Varlaam era arquimandrita. Na vida relixiosa tomou o nome de "Atanasii". Posteriormente estudou filosofía e teoloxía no seminario pontificio de Lviv que levaban os teatinos, onde foi ordenado sacerdote en 1710. Posteriormente, en 1713 foi nomeado el mesmo arquimandrita de Univ.
En 1715 foi nomeado bispo de Lviv, recibindo a consagración episcopal o 13 de setembro de mans do metropolita de Kíiv Lev Kyshka.
O 1 de marzo de 1728 foi elixido arcebispo coadxutor de Kíiv, converténdose o 17 de agosto de 1729 en metropolita.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1686 Categoría:Nados no distrito de Sambir, rexión de Lviv Categoría:Finados en 1746 Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Basilianos de San Xosafat