"20 de abril" é unha canción da banda española Celtas Cortos, do seu disco Cuéntame un cuento. Ten unha duración de 3 min 53 seg.

Descrición Escrita a modo de carta do autor a unha vella amiga, rememorando con nostalxia os bos momentos vividos noutrora co seu grupo de amigos da mocidade. A canción fala dunha fin de semana do pasado que transcorreu na Cabaña de El Turmo e que se identificou cun albergue existente na localidade de Benasque (provincia de Huesca). Porén, o autor, Jesús Cifuentes, desvelou que a letra non está baseada nunha historia real. Foi composta namentres que exercía como asistente social na localidade de El Tiemblo.

O título da canción alude á primeira frase da canción, que reproduce o que se supón que é o encabezado da carta: 20 de abril del 90 (1990). Con todo, a canción escribiuse en 1991.

O tema foi número un na lista elaborada pola cadea de radiofórmula Los 40 Principales a semana do 18 de abril de 1992. A repercusión foi tal que o Grupo Municipal de Izquierda Unida no Concello de Valladolid, presentou unha proposta -que non foi adiante- para que o nome da rúa José Antonio Primo de Rivera pasase a chamarse 20 de abril.

25º aniversario O 20 de abril de 2015, coincidindo co 25º aniversario do día desa canción, tivo lugar en España unha onda nostálxica, quer nas redes sociais quer nos medios de comunicación tradicionais, evocando o tema, que chegou a se converter en trending topic. Chegaron mesmo a facerse parodias da letra e eventuais respostas á carta da canción.

Versións O tema foi versionado polos grupos Amaral, Nomadi -en lingua italiana- ou o galego Siniestro Total.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Discogs

Categoría:Cancións Categoría:Música en 1991