Jeremiah Clarke nado en Inglaterra cara a 1674 e finado no mesmo país o 1 de decembro de 1707, foi un compositor e organista inglés do Barroco.

Vida Crese que Jeremiah Clarke naceu en Londres e foi alumno de John Blow na catedral de San Paulo, nesa cidade. Posteriormente converteuse en organista na Capela Real.

"Unha violenta e desesperada paixón por unha muller moi fermosa dunha clase social superior á súa" provocou que se suicidase mediante un disparo o 1 de decembro de 1707. En caso de suicidio, a Igrexa non se aceptaba normalmente o enterramento nun camposanto, pero con Clarke fíxose unha excepción, xa que foi enterrado na cripta da catedral de San Paulo (aínda que tamén hai outras fontes que sosteñen que onde realmente se enterrou foi na parte non consagrada da catedral).

Foi sucedido no seu posto por William Croft.

Obra Clarke lémbrase hoxe maiormente pola Prince of Denmark's March ("Marcha do Príncipe de Dinamarca"), peza para teclado moi popular, chamada adoito Trumpet Voluntary. Desde aproximadamente 1878 e ata a década de 1940, esta obra foi atribuída a Henry Purcell. Foi publicada como Trumpet Voluntary by Henry Purcell na obra de William Sparkes. Esta versión chamou a atención de Henry Joseph Wood, que fixera transcricións dela que foron gravadas.The New Grove Dictionary of Music & Musicians. Ed. Stanley Sadie; 1980. ISBN 1-56159-174-2

Tamén destacan entre as súas obras Trumpet Tune in D, King William's March, diversas composicións para clavicémbalo e órgano, e misas e outras pezas de música relixiosa (que abranguen 20 himnos e varias odas). Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Jeremiah Clarke no Proxecto de Biblioteca Internacional de Partituras Musicais (IMSLP). Jeremiah Clarke na Choral Public Domain Library (CPDL).

Categoría:Nados en 1674 Categoría:Finados en 1707 Categoría:Compositores de Inglaterra Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Nados en Londres