Black Wire é unha banda inglesa de post-punk formada en Leeds no ano 2003. O grupo separouse en agosto de 2007 tras publicar un único álbum, pero reformaríase en 2013.

Historia Black Wire formouse en xaneiro de 2003 e realizou o seu primeiro concerto ás poucas semanas no club Pigs de Leeds. Posteriormente realizou longas xiras con bandas como Bloc Party, The Libertines, Hard-Fi, The Cribs, Kaiser Chiefs e The Futureheads. O seu sinxelo de estreae, "Attack! Attack! Attack!", foi seleccionado pola NME como sinxelo da semana. A comezos de of 2006 a banda realizou unha xira europea e tocou en Italia, Francia e Alemaña, e tamén unha polos Estados Unidos, tocando en San Francisco, Chicago, Os Ánxeles e Nova York. A banda xirou novamente por Europa en xuño de 2007 co grupo londiniense Art Brut.

O título da exitosa canción de Kaiser Chiefs "I Predict A Riot" baseouse nun concerto de Black Wire en 2004, cando a banda tocou novamente no Pigs de Leeds. A súa intensa actuación causou que o público invadise o escenario, momento no cal os gardas de seguridade comezaron a expulsar tanto ao público como a membros do grupo, causando que o batería de Kaiser Chiefs Nick Hodgson exclamase ao dono do local "I predict a riot".

Dan Wilson, que estudara nunha escola artística, deseñou e debuxou as portadas dos tres primeiros sinxelos.

O seu álbum de estrea, Black Wire, foi publicado a principios de 2005 a través de 48 Crash, un selo discográfico que deixaron en 2006 debido a inconsistencias , due to inconsistencies nas contribucións da compañía e na súa ética no traballo. A banda estivo traballando en material novo para ser editado en 2007, pero finalmente separouse en agosto dese ano.

McCabe e Prescott actuaron co nome Lord Auch, mentres que Wilson e Greatorex formaron Televised Crimewave. ämbalasdúas bandas disolvéronse no ano 2010.

No ano 2013 o grupo reformouse e realizou varios concertos no mes de decembro.

En abril de 2020 a banda publicou cancións inéditas gravadas no ano 2006 como o seu segundo álbum, Confetti, a través de Bandcamp.

Discografía Álbum Ano Selo Black Wire 2005 48 Crash Confetti 2020 autoeditado

Notas

Categoría:Grupos musicais de Leeds Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais formados en 2003