A Flock of Seagulls é unha banda inglesa de new wave e synthpop formada orixinalmente en Liverpool polos irmáns Michael "Mike" Score (teclados e voces) e Alister "Ali" James Score (batería), xunto con Francis Lee "Frank" Maudsley (baixo) e Paul Reynolds (guitarra).
O grupo ten un feixe de éxitos internacionalis como "I Ran (So Far Away)" (1982), "Space Age Love Song" (1982), "Wishing (If I Had a Photograph of You)" (1982) e "The More You Live, the More You Love" (1984). Comezaron a destacar nos anos 80 polo seu vídeo de "I Ran (So Far Away)". A banda gañou un premio Grammy en 1933 pola mellor interpretación de rock instrumental co tema "D.N.A."
Discografía Álbum Ano Selo A Flock of Seagulls 1982 Jive Records Listen 1983 Zomba Records The Story of a Young Heart 1984 Jive/Arista Dream Come True 1986 Jive Records The Light at the End of the World 1995 Big Shot Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Liverpool Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais formados en 1979 Categoría:Artistas de I.R.S. Records