Hiparco (gr.: Ἱππάρχος), nado en Atenas e finado na mesma cidade en -514, foi un dos Pisistrátidas e tirano de Atenas.

Traxectoria Fillo máis novo de Pisístrato, Hiparco subiu ao poder xunto co seu irmán Hipias tras o falecemento do pai. Pouco se sabe da vida de Hiparco, pero segundo Tucídides, non era máis que un "fantoche" e o verdadeiro poder sustentábao o seu irmán Hipias. Mecenas dos artistas, Hiparco protexeu aos poetas Simónides de Ceos, Laso de Hermíone e Anacreonte, fixo construír unha importante biblioteca, apoiou os cultos mistéricos de Eleusis, e mandou recompilar os poemas de HomeroAristotle, The Athenian Constitution, Part 18.

En -514, foi asasinado polos tiranicidas Harmodio e Aristoxitón. Segundo Heródoto e Tucidides, Harmodio rexeitaría as propostas amorosas de Hiparco. Outras fontes sinalan que Hiparco impediu que a irmá de Harmodio participase na procesión das canéforas nas Panateneas, insinuando que non era virxe. Furioso, Harmodio, planeou a conxura contra Hiparco e Hipias, conxura que acabaría coa vida de Hiparco que foi apuñalado durante as Panateneas.

Ligazóns externas Hiparco (Ἱππάρχος), diálogo ficticio tradicionalmente atribuído a Platón e contado entre os seus diálogos platónicos. Texto francés, con introdución e anotacións neste idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): trad. de Victor Cousin; ed. en París. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar ao grego. Texto grego no mesmo sitio. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar á tradución francesa de Cousin.

Notas

Categoría:Nados en Atenas Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Finados en -514 Categoría:Políticos Categoría:Arcontes epónimos