O kirsch<ref>Nome galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega',' A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref> (do alemán: Kirsche – cereixa'') é un licor extraído das guindas. Trátase dunha bebida incolora orixinaria de Alemaña, que se obtén por destilación do zume fermentado dunha especie de guindas bravas da Selva Negra alemá, cunha graduación alcólica alta, superior a 30°Definición en Dicionario de alimentación e restauración, VV.AA. 2012, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.
Este licor é moi popular nas rexións francesas de Alsacia, Franco Condado e Lorena, e en Alemaña, Austria e Suíza.
Notas
Categoría:Licores Categoría:Gastronomía de Alemaña