Manuel Nin i Güell, nado o 20 de agosto de 1956 en El Vendrell (España), é un bispo católico de rito bizantino, dende 2026 exarca apostólico de Santa María de Grottaferrata.

Traxectoria Naceu o 20 de agosto de 1956 en El Vendrell, no territorio da arquidiocese de Tarragona. Logo de completar os estudos, ingresou no mosteiro de Montserrat, emitindo os primeiros votos o 26 de abril de 1977 e facendo os votos solemnes en 1980. Foi ordenado sacerdote da Orde de San Bieito o 18 de abril de 1998 polo arcebispo de Tarragona Lluís Martínez Sistach. En 1999 pasou a ser reitor do Pontificio Colexio Grego, en Roma.

En Roma, foi tamén membro da Comisión Litúrxica da Congregación para as Igrexas Orientais. O 2 de febreiro de 2016 Francisco nomeouno exarca apostólico de Grecia e bispo titular de Carcabia. Recibiu a consagración episcopal o 15 de abril, de mans do seu predecesor Dimitrios Salachas, na basílica de San Paulo Extramuros, e tivo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Atenas Sevastianos Rossolatos e ao bispo de Lungro Donato Oliverio.

O 31 de xaneiro de 2026 foi nomeado exarca apostólico da abadía territorial de Santa María de Grottaferrata.

Notas

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en El Vendrell Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Bispos católicos de Grecia Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina grega Categoría:Bispos da Igrexa católica italo-albanesa Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Beneditinos de España Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais Categoría:Pontificio Colexio Grego