miniatura|Alegoría, autor anónimo Pradal (en francés: Prairial) é o nome do noveno mes do calendario republicano francés, o terceiro dos meses da estación da primavera, que comeza o 20 ou 21 de maio e termina o 18 ou 19 de xuño, segundo o ano. Coincide de xeito aproximado co paso aparente do Sol pola constelación zodiacal de Xémini.

O nome do mes deriva do francés prairie (en galego: "pradaría"). Segundo o informe á Convención proposto por Fabre d'Églantine, o devandito nome refírese "á fecundidade riseira e á colleita das pradarías de maio a xuño". O sufixo -al denota que o mes pertence á estación da primavera, igual que xerminal e floreal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Historia do calendario republicano francés no blog Filosofía para la buena vida Facsímile dos meses de primavera do ano II.

Categoría:Calendario republicano francés Categoría:Revolución Francesa