O Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo é unha instalación dedicada á práctica do fútbol situada na vila de Negreira. Nel xoga os seus partidos como local a Sociedad Deportiva Negreira e o seu propietario é o Concello de Negreira.

Conta cun terreo de xogo de herba natural de 106 × 65 metros e bancadas cubertas, a súa capacidade total é de 2.000 persoas. Leva o nome de Jesús García Calvo en homenaxe ao fundador e expresidente da cooperativa leiteira Feiraco, con sede no Concello.

Notas

Jesús García Calvo Categoría:Deporte en Negreira