O boletín A Ultramar foi unha publicación de carácter informativo editada na cidade da Coruña pola Oficina de relaciones con los gallegos en el exterior entre os anos 1959 e 1975. Redactado enteiramente en castelán e so a dirección de Luís Sánchez Mosquera, foi concibido após o II Congreso de la Emigración Española a Ultramar (1959) como o medio máis adecuado e eficaz para manter un «contacto permanente»Sánchez Mosquera, Luis. La Coruña y los Congresos de Emigración, 1974, p.26. cos emigrantes de Galiza e as innumerábeis Asociacións, Casas e Centros Galegos estabelecidos en países Iberoamericanos. Saíron do prelo un total de 134 números.
Periodicidade O «Boletín» tivo unha periodicidade irregular con edicións mensuais, bimestrais e trimestrais. Porén, é posíbel subdividir a súa traxectoria editorial en tres períodosSegundo a catalogación das hemerotecas da Deputación de Pontevedra; a Real Academia Galega e :
1ª Época (1959-1964): n.os 1 - 63 2ª Época (1965-1970): n.os 1 - 42 3ª Época (1971-1975): n.os 53 - 71
O II Congreso de la Emigración Española: xerme do «Boletín»
Xénese Na década dos 50, Galiza estaba a atravesar unha situación difícil no duplo aspecto económico e social. Novamente, a cidadanía española ‒principalmente os galegos e galegas‒ vese na obriga de emigrar por razóns de diversa natureza. Os países de ultramar, aos cales aínda non chegara a deterioración nin a consecuente crise, son os principais destinatarios e receptores desa emigración. Por mor destas circunstancias e a fin de resolver o problema migratorio, xorde da man de diversos veciños coruñeses ex-residentes nos países de ultramar ‒entre eles Luis Sánchez Mosquera‒ a idea de constituíren, dentro da Asociación Cultural-Iberoamericana nos seus inicios, un Círculo de Estudios Migratorios que celebra na Coruña no ano 1954 as súas Primeras Jornadas so a dirección de Mosquera. Este grande acto público, o cal conta coa estreita colaboración do Centro Gallego de Montevideo, ten unha gran repercusión, tanto nas rexións españolas coma nos países da América latina.
Alén deste acontecemento, o Círculo continúa a se xuntar regularmente, traballando a prol do estudo e procura de solucións para o problema migratorio. Non é pois de estrañar que fora nunha das súas xuntanzas no ano 1958 cando xorde a idea de celebraren en Galiza un grande Congreso da Emigración Española. A seguir, neste fragmento recóllense as conclusións que tirou Luis Sánchez Mosquera após o simposio:
Cómpre dicir que aínda que a emigración española foi o obxecto central desta convocatoria, considerouse de xeito unánime que a cuestión migratoria galega precisaba dunha lexislación especial por mor da súa grave problemática social, económica e política. De acordo coas palabras de Eugenio López López no seu relatorio «La Emigración Española a Ultramar y las peculiaridades de la Emigración Gallega y de otras regiones»:
Organización da xuntanza
O propósito deste congreso foi convocar en Galiza as personalidades máis representativas e sobresaíntes de España e Iberoamérica a prol do estudo dos problemas migratorios, co fin de exporen e resolveren conxuntamente os moitos e complexos aspectos e perspectivas desde as cales debían afrontarse todas as cuestións que atinxían directa ou indirectamente a emigración española. Para esta finalidade foi esencial a importante colaboración do Instituto Español de Emigración, do representante do Círculo de Estudios Migratorios, Eugenio López López, e do Centro Gallego de Montevideo. As seguintes palabras de Luis Sánchez Mosquera reflicten a meticulosidade canto á organización desta xuntanza:
Outrosí, após unha das sesións plenarias, acordouse crear a Comisión Permanente de los Congresos de Emigración con sede na Coruña cuxa misión era a convocatoria de posteriores xuntanzas cunha periodicidade de cinco anos. Alén diso, estabeleceuse para o futuro a súa realización en dúas fases: rexional e nacionalEsta serie de requisitos foron aplicados no III Congreso (1965) e no derradeiro IV Congreso (1971). Sánchez Mosquera, Luis. La Coruña y los Congresos de Emigración, 1974, p.19.. Co fin de manter un contacto continuo coa emigración galega, inmediatamente despois de concluír o II Congreso (1959) iniciouse da man da Comisión Permanente a publicación dun Boletín Informativo chamado «A Ultramar».
Relación de relatoriosPonencias Oficiales. Conclusiones del II Congreso de la Emigración Española a Ultramar, 1959. Como se verá na sección seguinte, as cuestións presentadas nestes relatorios están estreitamente ligadas á liña temática do «Boletín».
I.- "Causas de la emigración". Por Javier Martín Artajo. II.— "Ventajas e inconvenientes de la emigración". Por Florentino Díaz Reig. III.— "Preparación y orientación del emigrante". Por Enrique Miguez Tapia. IV.— "Vinculación del emigrado con España". Por Fernando Magariños Torres e José Antonio Torres Álvarez. V.— "Tratados de emigración". Por Gaspar Gómez de la Serna. VI.— "Seguridad social del emigrante". Por Francisco Labadíe Otermín. VII.— "La emigración española a ultramar y las peculiaridades de la emigración gallega y de otras regiones. Por Eugenio López y López, en nombre de la Sección de Relaciones con los Gallegos de Ultramar, del Círculo de Estudios Migratorios de La Coruña". "Ponencia de la delegación del Centro Gallego de Montevideo Uruguay". Por Filiberto Ginzo Gil.
O Boletín A Ultramar
Entre os anos 1959 e 1975, o «Boletín» foi un vehículo de comunicación entre Galiza e os seus emigrantes alén do océano Atlántico. Segundo as propias palabras do seu director Luis Sánchez Mosquera, a escolla do nome «Ultramar» debeuse a que «en aquellos años la emigración española se dirigía exclusivamente a los países Iberoamericanos.»Sánchez Mosquera, Luis. La Coruña y los Congresos de Emigración, 1974, p. 26 Para alén de se enviar a eses países, tamén se mandou aos «Centros Gallegos de Europa, Ministerios, Consulados, Centros Gallegos de España, Autoridades de Galicia y personalidades de diversos sectores de nuestra Patria.»Ibid.
A respecto do período de actividade deste «Boletín», son significativas as datas de comezo e termo, correspondéndose coa clausura do II Congreso (1959) e a morte do Xeneral Franco (1975). Alén diso, no inicio da Transición produciuse un pico histórico canto ao número de retornados, diminuíndo o número de emigrantes de máis de 100 000 en 1964 até 12 000 no ano 1976.vid. Cadro e gráfico da Historia del Instituto Español de Emigración, 2009, pp. 144, 302.
Ideoloxía Galiza preséntase no «Boletín» como a terra da emigración española por excelencia. Nesta imaxe converxen tanto as representacións propias da «rexión» coma as da súa poboación emigrante en ultramar. A publicación enfócase principalmente na longa tradición de asociacionismo galego nos países iberoamericanos e nas institucións e xuntanzas a prol da resolución do problema migratorio. A identidade galega que transmite nas súas páxinas fica subordinada á identidade española do réxime franquista, e isto plásmase na escolla da lingua patria conforme reproducen perfectamente as palabras do seu director Luis Sánchez Mosquera: «buenos gallegos y ejemplares españoles.»Sánchez Mosquera, Luis. La Coruña y los Congresos de Emigración, 1974, p.27. Alén diso, nesa época o territorio galego relacionábase case exclusivamente coa política migratoria, os Congresos de la Emigración ―por mor da extraordinaria magnitude destes movementos de poboación en Galiza―, e a dimensión relixiosa galega grazas ás peregrinacións a Santiago de Compostela e as ofrendas ao Apóstolo no Día Nacional de Galizavid. Las relaciones del IEE con los países de Ultramar. Historia del Instituto Español de Emigración., 2009, pp. 231-53.vid. Las representaciones de la identidad estatal y de las identidades subestatales en Carta de España. Historia del Instituto Español de Emigración, 2009, pp. 253-77.. Por outra parte, o «Boletín» evita calquera referencia a enfrontamentos políticos ou fragmentacións identitarias que ameazasen a unidade nacional. Os galegos e galegas senten o vínculo colectivo da emigración, mais non o feito de teren unha lingua propia como factor de identificación nacional. Segundo a afirmación do propio Francisco Franco: «el carácter de cada región será respetado, pero sin perjuicio para la unidad nacional, que la queremos absoluta, con una sola lengua, el castellano, y una sola personalidad, la española.»El nacionalismo regionalizado y la región franquista. Naciones y Estado: la cuestión española. Ed. Ferrán Archilés e Ismael Saz. Valencia: Publicacions de la Universitat de València, 2014.
Liña temáticaInformación tirada da análise dos n.os 2, 4, 2, 10, 11, 29, 30, 55, 57, 58, 65, 69 e 71. vid. Bibliografía citada. O Boletín A Ultramar actuou durante todos os seus anos de actividade como voceiro de todo canto tiver relación coa emigración de Galiza«Nuestro boletín informativo seguirá publicándose, si bien en esta segunda etapa, iniciada en el pasado mes de diciembre, irá dedicado casi exclusivamente a Galicia y a la emigración Gallega, alejándonos de los problemas generales de la emigración española no porque carezcan de interés sino porque suponemos que serán tratados ampliamente por la Comisión Permanente del III Congreso de la Emigración Española». A Ultramar n. º 2, 1966.. Ao longo das súas páxinas presenta un percorrido polos sucesos máis salientábeis e transcendentais que influíron a sociedade española, e principalmente a galega, nun momento histórico difícil onde a única saída posíbel para moitos milleiros de persoas era deixar a terral natal e ir na busca dunha mellor fortuna. O boletín foi, por tanto, un mecanismo de unión entre todos os galegos e galegas espallados polo mundo, quen acha nas súas páxinas información moi variada de todo o que estaba a acontecer en Galiza durante a súa ausencia.
Dun lado, novas canto ás actividades e inquedanzas desenvolvidas polas colectividades de emigrantes galegos repartidas por todo o mundo (e.g. Asociacións, Centros e Casas) e os acordos e lexislacións que puidesen atinxirlles, isto é, convenios da Seguridade Social no estranxeiro, sistemas de bolsas de estudos para a educación dos fillos de emigrantes e planos educativos enfocados ás posíbeis dificultades que o emigrante puidese encontrar no país receptor. Doutro lado, por medio dun Noticiario BreveSección do Boletín de periodicidade irregular dedicada a artigos tirados directamente de xornais galegos como El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia. o boletín tamén proporcionaba información detallada sobre a actualidade da vida galega e os progresos que se estaban a facer en todos os dominios, isto é, informacións relativas a aniversarios ou admisión de novos membros na Real Academia Galega; celebracións do Día das Letras Galegas; homenaxes ou entrega de premios a personaxes ilustres comprometidos coa emigración, por exemplo Alfonso Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz Andrade e Eduardo Blanco Amor; concursos literarios de contos en lingua galega, e fenómenos culturais de diversa natureza como a Feira do Libro, as traducións a múltiples linguas da obra de Rosalía e o aumento do nivel de lectura e produción editorial en Galiza. O «Boletín» apoiou toda obra cultural colectiva a prol da cultura galega; por tanto, a través das conclusións dos diferentes congresos, reafírmase na necesidade de envío de libros e publicacións desde Galiza, no pedimento de subvencións que permitan traer relatores e profesores galegos, e na organización de exposicións e espectáculos colectivos de calquera clase.