María Campos, nada no ano 1960 en San Xurxo de Sacos, Cerdedo Cotobade, é unha humorista, contacontos e actriz galega de teatro e televisión.

Traxectoria Ao longo da súa traxectoria como actriz traballou de contacontos, facendo espectáculos teatrais e obradoiros de expresión dramática. Tamén participou en series de televisión como Avenida de América ou A vida por diante. Porén, fíxose principalmente coñecida en Galiza por interpretar o personaxe da señora de Palmírez no programa da Televisión de Galicia Luar, a través da cal fai parodia dos prexuízos sobre o galego e o clasismo.

Ademais, forma parte parte da compañía pontevedresa Migallas Teatro, que foi constituída como compañía profesional no ano 1996. Nela editou un libro-disco, un libro e dous discos xunto con Carlos Yus.

Filmografía Televisión Ano Título Personaxe Notas 1995 Pratos combinados Episodio: "Un merecido ascenso" 2002 Avenida de América Episodio 22 2006 A vida por diante 5 episodios 2005-2013 Luar Señora de Palmírez

Discografía Canta connosco! (1996) Zaragallada (2015)

Obras colectivas Un avó especial (Kalandraka) Pan de millo, libro-disco (Kalandraka)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Migallas.gal (páxina oficial)

Categoría:Actores de Cerdedo Cotobade Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes