O Campo Municipal de Fútbol Alcalde Manuel Candocia ou Campo de Pardiñas é unha instalación destinada á práctica do fútbol situada no lugar da Igrexa. O Concello das Somozas é o seu propietario e nel xoga os seus partidos como local a Unión Deportiva Somozas.
O seu terreo de xogo é de herba natural, cunhas medidas de 104×64 metros e conta cunha bancada cuberta con capacidade para 200 persoas e unha capacidade total de 1.000 persoas.
Historia O campo actual reconstruíuse en 2010 nos terreos dun campo anterior. Inaugurouse o 22 de agosto de 2010 cun partido entre a UD Somozas e o RC Deportivo da Coruña B. Catro anos máis tarde sería rebautizado co nome do alcalde Manuel Candocia após o pasamento deste no mesmo campo de fútbol, cando estaba a presenciar un partido entre a UD Somozas (presidida tamén naquel momento polo finado) e o Centro Cultural e Deportivo Cerceda, o 19 de xaneiro de 2014.
Notas
Alcalde Manuel Candocia Categoría:Deporte nas Somozas