Timothy John Staffell (coñecido como Tim Staffell), nado o 24  de febreiro de 1948 en Ealing, Londres, Inglaterra, é un músico de rock, artista visual e deseñador.England & Wales births: Tim Staffel. 2012 Foi un dos membros de Smile, unha banda que incluía a Brian May como guitarrista e a Roger Taylor na batería. Logo da saída de Staffell, Freddie Mercury e John Deacon uníronse ao grupo para formar a coñecida banda de rock Queen.

Vida e carreira na música Timothy John Staffell estudou na Hampton Grammar School e nesa época era o cantante nunha banda chamada Railroaders. En 1964 asistiu a un concerto onde coñeceu o compañeiro de estudos Brian May. Axiña montaron unha banda de blues-rock chamada "1984", con John Garnham (guitarra), Dave Dilloway (baixo), John Sanger (teclados) e Richard Thompson (percusión). En 1965 Staffell empezou os seus estudos de debuxo e deseño no Ealing Art College, onde colleu amizade con Freddie Mercury, entanto que Brian May marchara para o Imperial College, de Londres. "1984" disolveuse a principios de 1968.

Staffell e Brian May crearon xuntos máis tarde unha nova banda chamada Smile, con Roger Taylor como percusionista. Staffell e Brian May co-escribiron a canción "Doing All Right", que foi incluída por Queen no seu álbum de debut. Staffell uniu a Humpy Bong e logo o grupo de rock progresivo experimental Morgan, con quen publiou os álbums Nova Solis e Brown Out (máis tarde rebautizado como The Sleeper Wakes).

Deseñador Staffell continuou tamén a súa carreira no mundo do deseño de produto e tamén como deseñador, animador e director de anuncios. Entre os proxectos nos que traballou está a adaptación á cadea de televisión BBC de The Hitchhiker's Guide to the Galaxy, e el foi tamén o xefe dos creadores de modelos para a primeira serie do programa infantil de televisión Thomas the Tank Engine & Friends.

Regreso á música En 2001, Staffell regresou á industria de música formando parte con Richard Lightman (con quen levaba moito tempo colaborando) dunha nova banda de blues-funk chamada aMIGO, con inspiracións latinas, de folk e de rock. En 2003 gravaron un álbum co seu mesmo nome, con versións regravadas das cancións de Smile "Earth" e "Doing All Rightr", no que colaborou o seu excompañeiro Brian May nas guitarras e nas voces. O álbum foi autoeditado nunha serie limitada de menos de 300 copias e máis tarde pasou a estar dispoñible en iTunes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Discografía de Tim Staffell en Discogs Tim Staffell na Internet Movie Database

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Nados en Londres