O Máximo é un suplemento da revista Agália, voceiro da Associaçom Galega da Língua, de carácter reintegracionista. Foi publicado xunto cos números 62, 63 e 64. Máis tarde pasou a ser unha revista independente chamada “O Máximo: Revista de Arte e Cultura”. Esta revista independente comezou a ser publicada no ano 2003 pola Associação Cultural Pulsar e ten 5 números.
Seccións do suplemento O primeiro número (62), que acompañaba a revista Agália, non tiña seccións, tan só fotografías e documentos escaneados. Non obstante, no número 63 ten 7 seccións: opinión, documentación, A Roleta, sitios, filosofías controversas, “Eros festivo” e unha entrevista. Neste números foi a João Aguiar, realizada por Miguel Rivera. Finalmente, o número 64 só se divide nas 4 primeiras mencionadas anteriormente.
Propósito da súa creación O Máximo creouse cando Carlos Quiroga tomou conta da revista Agália no número 62 e atopou diversos problemas estruturais e de natureza da revista que era necesario mellorar. O máis importante era a demora cronolóxica que a publicación tiña nese momento, con 7 números de carencia. Por esta razón, o consello de AGAL e de redacción foi convocado e a creación de volume duplos foi proposta para a súa publicación cada seis meses.Cuestionario a Carlos Quiroga
En canto a natureza intrínseca, propúxose incluír entrevistas, recensións, fotografías e parte creativa na vertente literaria e quitar da revista as seccións de “Documentaçom e Informaçom”, que consistían en escaneados de noticias de periódicos e documentos comentados. En resumo, o propósito da creación foi que as publicacións de Agália se puxesen ao día e, unha vez ocorrido isto, transformar O Máximo en revista independente que incluíse as seccións “Documentación e Información”, xunto con contidos de arte e cultura, como así sucedeu no ano 2003.
Colaboradores No primeiro número, Iván Cozinha traballou na parte gráfica e Carlos Quiroga nos contidos, cunha fotografía de Luz Castro Pena para a capa da serie sobre Manhattan acompañada de textos de José Ramom Pichel. No segundo número, Mauro Trastoy na parte gráfica. No terceiro número, Carlos Quiroga na parte gráfica.
Colaboraron tamén Eva Loureiro, Joel R. Gómez, Susana Losada, Carmen Villarino, Márcio R. Coelho Muñiz, Félix Rodal e Carmen Fernández, quen foron o núcleo da posterior revista independente, graficamente composta por Jaime Ares Castro. Notas
Maximo Categoría:Reintegracionismo