O Harvard Dictionary of Music (en galego: Dicionario Harvard da música) é un dicionario enciclopédico de música publicado por Belknap Press, de Harvard University Press.

Edicións Esta obra foi editada en diversas ocasións: En 1944 publicouse a primeira edición, da que se encargou Willi Apel. En 1969 saíu á luz a segunda edición, tamén editada por Apel. En 1986 un novo editor, Don Michael Randel, fíxose cargo da terceira edición. O libro foi retitulado como The New Harvard Dictionary of Music (en galego: Novo Dicionario Harvard da música). Esta edición contou coa ampliación da cobertura da música ao século XX e á música non occidental, así como a inclusión de información sobre jazz e música popular por primeira vez. En 2003 aparece a cuarta e derradeira edición ata hoxe, tamén editada por Randel. Nesta ocasión, o libro recupera o seu antigo título. De xeito diferente a algúns outros libros de referencia estándar da música, o Harvard Dictionary of Music non inclúe entradas biográficas. Os datos biográficos pódense atopar nun volume complementario, The Harvard Biographical Dictionary of Music (en galego: Dicionario Harvard biográfico da música), publicado en 1996, que contén aproximadamente 5.500 entradas.

Véxase tamén Bibliografía Apel, Willi (ed.): Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 1969 . Randel, Don Michael & Apel, Willi (eds.): The New Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 1986. Randel, Don Michael (ed.): The Harvard Biographical Dictionary of Music. Harvard University Press, 1996. Randel, Don Michael (ed.): The Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 2003.

Categoría:Enciclopedias en inglés