Cranchia scabra é unha especie de molusco cefalópodo da superorde dos decapodiformes, orde dos egópsidos, familia dos cranquíidos, e subfamilia dos cranquiinos, aínda que algúns autores encádrana na orde dos teútidos, suborde dos egospinos.
É a única especie do xénero Cranchia.Cranchia Leach, 1817 no WoRMS.
Taxonomía Descrición Tanto o xénero como a especie foron descritos en 1817 polo zoólogo e biólogo mariño William Elford Leach na súa obra "Synopsis of the orders, families and genera of the class Cephalopoda", publicada en The Zoological Miscellany; being descriptions of new or interesting animals 3 (30): 137-141.
Sinónimos Ademais de polo nome que lle impuxo Leach, e actualmente válido, a especie tamén se coñeceu polos sinónimos seguintes:Cranchia scabra Leach, 1817 en FishBase.Cranchia scabra no ITIS. Cranchia hispida Pfeffer, 1884 Cranchia tenuitentaculata Pfeffer, 1884 Loligo cranchii Blainville, 1823 Octopus eylais d'Orbigny, 1834
Características miniatura|250px|Octopus eylais d'Orbigny (= Cranchia scabra), debuxo de Paul Louis Oudart (1796–1860) en Voyage dans l'Amérique méridionale de Alcide d'Orbigny.
Cranchia scabra é unha especie de lura de cristal de pequeno tamaño (aproximadamente 150 mm).
O seu manto está cuberto por varias pequenas puntas cartilaxinosas. Os ollos teñen catorce órganos luminescentes de pequeno tamaño.Norman, Mark (2000): Guía de cefalópodos del mundo: Océano Pacífico, Océano Índico, Mar Rojo, Océano Atlántico, Caribe, Ártico, Antártico. Elche, España: Grupo Editorial M&G Difusión. ISBN 978-84-9522-306-7, páx. 320.
Cando está en perigo, mete a súa cabeza e os seus brazos na cavidade paleal e as súas aletas ahírense ao manto formando co restpo do corpo unha especie de bóla. As pequenas puntas, sen dúbida, ofrecen algún tipo de protección, pero non se sabe se os depredadores se ven afectados por iso e como. Ademais, a lura pode expulsar borra na cavidade paleal, que fai a bóla completamente opaca.
Os científicos pensaban que este era un comportamento aberrante debido ao estrés e ao confinamento en acuarios de exploración, até que este comportamento se observou no seu contorno natural. A función de dito comportamento descoñécese.
As femias maduras teñen órganos luminosos sobre as puntas dos seus tentáculos que se poden utilizar para atraeren aoas machos.
Hábitat e distribución Esta pequena especie, transparente, encóntrase nos mares de todas as rexións tropicais e subtropicais do mundo,Young, R. E. & Mangold, K. M. 2008. Cranchia Leach 1817. Cranchia scabra Leach 1817. Version 03 June 2008. Ver aquí . incluíndo o mar Mediterráneo.Quetglas, A., Alemany, F., Carbonell, A. & Sanchez, P. (1999): "First record of Cranchia scabra in the Mediterranean Sea". Bollettino Malacologico 35 (1-4): 1-2. Encóntrase en mar aberto cerca da superficie e en profundidades medias.
Bioloxía Pouco se sabe sobre o ciclo de vida, bioloxía e ecoloxía desta especie. Os individuos xuvenís encóntranse desde a superficie até os 400 m de profundidade, e os exemplares máis grandes alcanza augas máis profundas.Voss, N. A., Stephen, S. J. & Dong, Zh. (1992): "Family Cranchiidae". Smithsonian Contributions to Zoology 513: 187-210.
Esta especie ten paralarvas planctónicas.<ref>Richard Edward Young & Robert F. Harman (1988): ""Larva", "Paralarva", and "Subadult" in Cephalopod Terminology". Malacologia ''29 (1): 201–207.</ref> Por estudos baseados na morfoloxía e crecemento dos seus estatólitos, parece que o seu ciclo vital consta de dous estadios: unha etapa de rápido crecemento epipelágico durante a cal os individuos alcanzan unha lonxitude do manto de 120 a 130 mm en 4 ou 5 meses, seguida doutra etapa adulta en augas profundas.Arkhipkin, A. (1996): "Age and growth of planktonic squids Cranchia scabra and Liocranchia reinhardti in epipelagic waters of the central-east Atlantic". Journal of Plankton Research 18 (9): 1675-1683.
Inimigos Esta especie sofre depredación, entre outros, por parte do caldeirón tropical (Globicephala macrorhynchus),Hernández-Garcia V. & V. Martin (1994): "Stomach contents of two short-finned pilot whale (Globicephala macrorhyncus Gray, 1846) (Cetacea, Delphinidae) off the Canary Islands: A preliminary note". International Council for the Exploration of the Sea: Marine Mammals Committee 16. os petreis Pterodroma heraldica, P. neglecta e P. ultima.Imber M. J., Jolly J. N. & M. L. Brooke (1995): "Food of three sympatric gadfly petrels (Pterodroma spp.) breeding on the Pitiairn Islands". Biological Journal of the Linnean Society 56: 233-240. e peixes como o atún patudo (Thunnus obesus).
Estado de conservación
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) o status actual da especie (2016) é LC (pouco preocupante) debido a que é unha especie oceánica que ten unha ampla distribución xeográfica e habita en augus profundas, polo que é pouco susceptíbel ao impacto humano. Tampouco é obxecto de pesca e é pouco probábel que o sexa no futuro. Porén, aíndato se necesita máis investigación sobre a súa bioloxía e ecoloxía.Barratt, I. & Allcock, L. (2014):Cranchia scabra Leach, 1817 na Lista vermella de especies en perigo da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 03-04-1016.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Felley, J., Vecchione, M., Roper, C. F. E., Sweeney, M. & Christensen, T. (2001-2003): Current Classification of Recent Cephalopoda. National Museum of Natural History: Department of Systematic Biology: Invertebrate Zoology: Cephalopods Hanlon, Roger T. & John B. Messenger (1996): Cephalopod Behaviour. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42083-0. Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6. Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll e Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. I. Smithsonian Contributions to Zoology. Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll e Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. II. Smithsonian Contributions to Zoology. Voss N. A. (1980): "A generic revision of the Cranchiidae (Cephalopoda: Oegopsida)". Bulletin of Marine Science 30''' (2): 365-412.
Outros artigos Cefalópodos Coleoideos Decapodiformes Egópsidos Cranquiinos
Ligazóns externas Cranchia scabra Leach, 1817 en FishBase . Cranchia scabra Leach, 1817 en CephBase.
Categoría:Cefalópodos