A Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACMFE) é unha fundación creada en 1993 nas Palmas de Gran Canaria (Illas Canarias), co obxectivo de dinamizar, promover e potenciar as vivendas de escritores destacados na súa labor de convertelos en museos. En 2016 tiña máis de 50 casas asociadas.
Casas-museo en Galicia En Galicia existen 9 casas-museos dentro da fundación, das cales tres atópanse na provincia de Pontevedra, 3 na de Ourense e outras tres na da Coruña. As casas-museo asociadas á fundación son as seguintes: Fundación Carlos Casares, en Vigo. Casa Museo Ramón Cabanillas, en Cambados Ramón del Valle-Inclán, con tres casas museo en Vilanova de Arousa, A Pobra do Caramiñal e Santiago de Compostela. Casa Museo Rosalía de Castro, en Padrón. Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, na Coruña. Casa Museo de Vicente Risco, en Allariz. Casa Museo de Ramón Otero Pedrayo, en Amoeiro Casa Museo de Ramón Curros Enríquez, en Celanova.
Publicacións Libros Rutas literarias de la Asociación de Casas Museo y Fundaciones de Escritores, 2006 (A Coruña). Guía de la Asociación de Casas Museo y Fundaciones de Escritores, 2001 (Madrid). Revistas Poliédrica palabra. Notas
Véxase tamén Outros artigos Casa museo Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Casas museo Categoría:Asociacións de España