A Igrexa católica bizantina rutena é unha igrexa particular oriental da Igrexa católica. A estrutura da igrexa é complexa, xa que non ten unha organización unificada.
A igrexa é unha das sucesoras da predicación dos santos Cirilo e Metodio entre os eslavos, e logo do Gran Cisma permaneceu na Igrexa ortodoxa de Constantinopla. Coa Unión de Uzhhorod de 1646 entrou en comuñón co resto da Igrexa católica.
Organización A Igrexa organízase en tres xurisdicións diferentes: A metrópole de Pittsburgh composta pola arquieparquía de Pittsburgh e polas eparquías de Parma, Passaic e Phoenix, que emprega o nome de Igrexa católica bizantina. A eparquía de Mukacheve, en Ucraína. O exarcado apostólico da República Checa.
Véxase tamén