O factor de crecemento transformante alfa (TGF-α) é unha proteína codificada en humanos polo xene TGFA situado no cromosoma 2, que funciona como factor de crecemento. Como membro da familia do factor de crecemento epidérmico (EGF), o TGF-α é un polipéptido mitoxénico.Ojeda, S.; Ma, Y.; Rage, F. The transforming growth factor alpha gene family is involved in the neuroendocrine control of mammalian puberty. Mol. Psychiatry 1997, 2, 355. A proteína actívase cando se une a receptores que teñen actividade de proteína quinase para realizar así sinalizacións celulares.

O TGF-α é un ligando para o receptor do factor de crecemento epidérmico, que activa unha vía de sinalización para a proliferación celular, diferenciación e desenvolvemento. Esta proteína pode actuar como ligando para o seu receptor tanto en estado soluble coma en estado unido a unha proteína transmembrana. O seu xene foi asociado con moitos tipos de cancro, e pode tamén estar implicado nalgúns casos de padal/beizo fendido (leporino).

Síntese O TGF-α é sintetizado internamente formando parte dun precursor transmembrana máis grande de 160 aminoácidos (en humanos) ou 159 (en ratas).Ferrer, I.; Alcantara, S.; Ballabriga, J.; Olive, M.; Blanco, R.; Rivera, R.; Carmona, M.; Berruezo, M.; Pitarch, S.; Planas, A. Transforming growth factor- α (TGF-α) and epidermal growth factor-receptor (EGF-R) immunoreactivity in normal and pathologic brain. Prog. Neurobiol. 1996, 49, 99. O precursor está composto por un dominio extracelular que contén un dominio transmembrana hidrofóbico, un tramo de 50 aminoácidos, que é o TGF-α, e un dominio citoplasmático de 35 residuos de longo. Na súa forma máis pequena o TGF-α ten seis cisteínas que se unen por medio de tres pontes disulfuro. Colectivamente todos os membros da familia EGF/TGF-α comparten esta estrutura. Non obstante, esta proteína non está directamente relacionada co TGF-β.

No estómago, o TGF-α prodúcese na mucosa gástrica sa.Coffey, R.; Gangarosa, L.; Damstrup, L.; Dempsey, P. Basic actions of transforming growth factor- α and related peptides. Eur. J. Gastroen. Hepat. 1995, 7, 923. O TGF-α inhibe a secreción de ácido gástrico. O TGF-α pode tamén producirse en macrófagos, células do cerebro, e queratinocitos.

Función O TGF-α induce o desenvolvemento epitelial. O TGF-α é membro da familia de EGF, as accións biolóxicas do TGF-α e do EGF son similares. Por exemplo, o TGF-α e o EGF únense ao mesmo receptor, EGFR. Cando o TGF-α se une ao EGFR pode dar inicio a múltiples eventos de proliferación celular.McInnes, C; Wang, J; Al Moustafa, AE; Yansouni, C; O'Connor-McCourt, M; Sykes, BD (1998). "Structure-based minimization of transforming growth factor-alpha (TGF-alpha) through NMR analysis of the receptor-bound ligand. Design, solution structure, and activity of TGF-alpha 8-50".". J. Biol. Chem 273 (42): 27357–63. doi:10.1074/jbc.273.42.27357. Os eventos de proliferación celular que implican a unión do TGF-α ao EGFR inclúen a curación de lesións e a embrioxénese. O TGF-α está tamén implicado na xénese de tumores e crese que promove a anxioxénese. O TGFα estimula a proliferación das células neurais no cerebro adulto lesionado.

O receptor de TGF-α Unha proteína de membrana de 170 kDa glicosilada chamada receptor de EGF (EGFR) únese ao TGF-α, o que permite que o polipéptido funcione en varias vías de sinalización celular. O receptor de EGF caracterízase por ter un dominio extracelular que ten numerosos aminoácidos. O EGFR consta dun só dominio transmembrana, un dominio intracelular (que ten actividade de tirosina quinase), e recoñecemento de ligando. Como factor de crecemento ancorado en membrana, o TGF-α pode ser clivado da proteína integral de membrana por unha protease. As formas solubles de TGF-α son o resultado da clivaxe e teñen a capacidade de activar ao EGFR, aínda que o EGFR pode ser activado tamén a partir dun factor de crecemento unido a membrana.

Cando o TGF-α se une ao EGFR dimerízase desencadeando a activación do seu dominio con actividade de proteína-tirosina quinase. A actividade de proteína-tirosina quinase causa unha autofosforilación de varios residuos tirosina do C-terminal do EGFR, o que inflúe na activación e sinalización doutras proteínas que interaccionan en moitas vías de transdución.

miniatura|esquerda|Vía de sinalización de EGFR unha vez que se uniu ao TGF-α.

Estudos en animais

Nun modelo animal da enfermidade de Parkinson no que foron danadas neuronas dopaminérxicas pola 6-hidroxidopamina, a infusión do TGF-α no cerebro causou un incremento no número de células presursoras neuronais. Porén, o tratamento con TGF-α non causou neuroxénese de neuronas dopaminérxicas.

Estudos en humanos

O TGF-α e o sistema neuroendócino A familia EGF/TGF-α regula a hormona liberadora da hormona luteinizante (LHRH) por medio dun proceso interactivo glial-neuronal. o TGF-α producido nos astrocitos hipotalámicos, estimula indirectamente a liberación da LHRH por medio de varios intermediarios. Como resultado, o TGF-α é un compoñente fisiolóxico esencial para a iniciación do proceso da puberdade feminina.

O TGF-α e o núcleo supraquiasmático O TGF-α tamén se expresa no núcleo supraquiasmático. Isto suxire un papel da sinalización de EGFR na regulación do reloxo biolóxico e ritmos circadianos no sistema nervioso central.Hao, H.; Schwaber, J. Epidermal growth factor receptor induced Erk phosphorylation in the suprachiasmatic nucleus. Brain Res. 2006, 1088, 45. PMID 16630586 En estudos similares nos que se inxectou no terceiro ventrículo, o TGF-α pode suprimir o comportamento locomotor circadiano xunto coas actividades de beber e comer.

O TGF-α e os tumores Suxeriuse o seu uso potencial como biomarcador para facer prognósticos en varios tumores, como o cancro gástrico ou no melanoma.

Interaccións

O TGF-α presenta interaccións con GORASP1 e GORASP2.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Factor de crecemento transformante Factor de crecemento transformante beta

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Proteínas Categoría:Factores de crecemento