Miguel Rodríguez Bautista, nado en Valladolid en 1901 e finado en Ribeira o 15 de agosto de 1959, foi un político español.
Traxectoria Viviu en Valladolid e Madrid. Funcionario de Correos, estivo destinado en Cádiz. Durante a República foi destinado a Ribeira como xefe de negociado do corpo técnico de Telégrafos. Fundador e xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, foi nomeado alcalde de Ribeira en febreiro de 1941.El Compostelano, 27-2-1941, p. 2. Permaneceu no cargo até a súa morte en agosto de 1959. Foi procurador en Cortes de 1949 a 1958 como representante dos concellos da provincia da Coruña. Finou en Ribeira o 15 de agosto de 1959.El Pueblo Gallego, 21-8-1959, p. 10. Recoñecementos
Unha rúa de Ribeira leva o seu nome."Mi familia fue represaliada por el franquismo, sólo pido que quien lo ordenó no tenga una calle"Rechazo de la patronal ribeirense a renombrar la vía Miguel Rodríguez Vida persoal
Casou con María Díaz Delgado. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Ribeira Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1959