Roque Paulino Ponte Peña, nado en Bergondo o 22 de xuño de 1859 e finado en Madrid en 1923, foi un xornalista e empresario galego.

Traxectoria Estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela, aiínda que non rematou a carreira. Foi profesor no Colexio-Instituo de Betanzos. Afecionado ao teatro, foi promotor de espectáculos teatrais en Betanzos. Dirixiu El Censor e La Libertad de Betanzos e colaborou en Las Riberas del Mendo, El Progreso e El Mendo, onde publicou en folletín "Historia del Imperial Monasterio de Monfero". En 1891 foi elixido presidente da Tertulia-Circo de BetanzosEl Regional, 19-4-1891, p. 3. e en 1913 presidente da Sociedad Oceanográfica da Coruña.Diario de Galicia, 14-1-1913, p. 2. Foi contratista de obras.

Vida persoal Casou en 1885 con Sofía Gutiérrez del Arroyo Cebreiro.Diario de Avisos de La Coruña, 30-6-1885, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Galicia

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Nados en Bergondo

Categoría:Nados en 1859

Categoría:Finados en 1923