Berta Isabel Cáceres Flores, nada o 4 de marzo de 1971, 1972, ou 1973, e finada en La Esperanza o 3 de marzo de 2016, foi unha líder indíxena lenca, feminista e activista ecoloxista hondureña.

No 2015, obtivo o Premio Goldman, un galardón chamado o "Nobel Verde" que se concede anualmente na honra dos defensores da natureza e o ambiente. O ano seguinte foi asasinada no seu fogar. Unha semana antes ofrecera unha rolda de prensa na que denunciou que catro dirixentes da súa comunidade foran asasinados e outros tantos recibiran ameazas.

En 2018 a xustiza de Honduras condenou sete dos oito acusados polo seu asasinato. En 2021, o presidente da hidroléctrica DESA foi condenado como autor intelectual.

Ese mesmo ano, Millán Picouto publicou A morte de Berta Cáceres, traxedia en cinco actos incluída na súa obra completa "O macrocosmos", Linteo. ISBN 978-84-123801-1-8.

Notas

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Honduras Categoría:Finados en 2016 Categoría:Pobo lenca Categoría:Activistas de Honduras Categoría:Indixenistas de América Categoría:Premio Medioambiental Goldman Categoría:Asasinatos en Honduras Categoría:Mulleres líderes indíxenas Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas