Gumersindo Ramón Peinador Vela, finado en Pontevedra o 16 de outubro de 1928El Progreso, 18-10-1928, p. 2., foi un empresario e xornalista galego. Traxectoria Funcionario do Estado. Membro do Partido Republicano. Foi redactor de El Progreso de Pontevedra e fundador e director de El Diario de Pontevedra (1897). Coa axuda de seu irmán, Enrique Peinador Vela, obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de "Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador".

Vida persoal Foi pai de Isidora Peinador Estévez, que casou con Vicente Riestra Calderón.

Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1928 Categoría:Nados en Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos