250px|miniatura|Acto no Parlamento de Andalucía en 2012. O Día de Andalucía celébrase o 28 de febreiro e conmemora o día da celebración do referendo sobre a iniciativa do proceso autonómico de Andalucía do ano 1980, que deu autonomía plena á comunidade andaluza.A Declaración Institucional con motivo do XXVII Aniversario do referendo do 28-F en andaluciajunta.es Antes da celebración do referendo este día identificábase máis co 4 de decembro, cando se celebraron as grandes manifestacións autonomistas en 1977.
En moitas vilas e cidades decóranse os balcóns, onde se colga a bandeira de Andalucía nas reixas e ganchos destes, e celébranse concursos de patios andaluces e nos colexios e institutos cantan e tocan a sones de frauta o himno de Andalucía. Nos colexios antes do 28 de febreiro, prográmanse diversas actividades para a conmemoración do día de Andalucía. Hoxe en día é festa en moitas localidades andaluzas. Cómese pan con aceite de oliva nas vilas e cidades e, sobre todo, nos colexios.
Habitualmente coincide coa entrega de Medallas de Andalucía polo goberno autonómico e noméanse fillos predilectos de Andalucía. Tamén se realiza un izado de bandeira no exterior do Parlamento de Andalucía.
Notas
Categoría:Símbolos de Andalucía Categoría:Política de Andalucía Categoría:Festas de Andalucía Categoría:Días festivos