Entrambasaguas é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca de Trasmiera. Tiña unha poboación de 4.931 habitantes en 2015.
Limita ao norte cos municipios de Marina de Cudeyo e Ribamontán al Monte, ao sur con Ruesga, ao leste con Solórzano e ao oeste con Medio Cudeyo e Riotuerto. Ademais da localidade de Entrambasaguas, hai no concello outras seis: El Bosque, Hornedo, Hoznayo, Navajeda, Puente Agüero e Santa Marina.
Entre o seu patrimonio destacan o Palacio dos Acebedo, o Palacio dos Fernández de Velasco e a fonte do Francés.
Demografía
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello
Categoría:Concellos de Cantabria