Yuck foi unha banda de indie rock inglesa procedente de Londres e formada no ano 2009. O grupo está composto por Mariko Doi, Jonny Rogoff, Ed Hayesque e Max Bloom, que anteriormente tocou en Cajun Dance Party co que tamén fora membro de Yuck Daniel Blumberg.
O seu álbum de estrea, Yuck, publicouse en febreiro do ano 2011 a través do selo Fat Possum Records no Reino Unido. Moitos críticos ligaron o son da banda co de grupos como Dinosaur Jr, Pavement, My Bloody Valentine e Sonic Youth.
Glow & Behold, tamén lanzado por Fat Possum, apareceu en setembro de 2013 xa sen o cantante e guitarrista Daniel Blumberg. O EP Southern Skies seguiríalle en 2014, e en febreiro de 2016 publicaron o seu derradeiro álbum de estudio, Stranger Things, a través de Mamé Records.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Yuck 2011 Fat Possum Records Glow & Behold 2013 Fat Possum Records Stranger Things 2016 Mamé Records
EPs Álbum Ano Selo Southern Skies 2014 autoeditado
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais formados en 2009