O esquío vermelloArdilla común en todos los idiomas En botanical-online.com.Esquío vermello En fotosdeferrol.blogspot.com. (Sciurus vulgaris) é unha especie de mamífero da orde dos roedores, suborde dos esciuromorfos, familia dos esciúridos, subfamilia dos esciurinos e tribo dos Sciurini, pertencente ao xénero Sciurus.
É un roedor fundamentalmente herbívoro que vive nas árbores, sendo moi común en toda Eurasia.
En Portugal, o esquío vermello desapareceu no século XVI, pero na década de 1990 poboacións vindas de España volveron colonizar o norte do país.Esquilo-vermelho no Naturlink .
Na Gran Bretaña en Irlanda e no norte de Italia o seu número foi diminuíndo nos últimos anos, en parte debido á introdución do esquío cincento americano (Sciurus carolinensis).
Para a súa situación en Galicia ver o apartado En Galicia, abaixo.
Taxonomía Descrición A especie Sciurus vulgaris foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 63 do Volume 1º da décima edición da súa obra:Sciurus (Sciurus) vulgaris Linnaeus, 1758 en Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Consultado o 26 de novembro de 2021. Caroli Linnæi (1758): [https://www.biodiversitylibrary.org/item/10277#page/3/mode/1up Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima reformata 1758, Tomus I. Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii], Impensis direct. Laurentii Salvii.
Subespecies miniatura|250px|Esquío vermello en verán miniatura|250px|Nos Urais, con capa gris de inverno miniatura|250px|As partes inferiores son xeralmente de cor branca miniatura|250px|Esqueleto dun esquío vermello Ao longo do tempo describíronse máis de 40 subespecies do esquío vermello, pero o statu taxonómico dalgunhas destas era incerta. Un estudo publicado en 1971 recoñece 16 subespecies, e serviu de base para traballos taxonómicos posteriores.Sidorowicz, J. (1971): "Problems of subspecific taxonomy of squirrel (Sciurus vulgaris L.) in Palaearctic". Zoologischer Anzeiger 187: 123–142.Lurz, P. W. W.; Gurnell, John & Magris, Louise (2005): "Sciurus vulgaris" (PDF). Mammalian Species '769: 1–10. Aínda que a validez dalgunhas subespecies está etiquetada con incerteza debido á gran variación dos esquíos vermellos, mesmo dentro da mesma rexión, outras son relativamente distintas e, unha destas, S. v. meridionalis, do sur de Italia, foi elevada á categoría de especie en 2017, como Sciurus meridionalis, o esquío negro de Calabria.Wauters, Lucas A.; Giovanni Amori, Gaetano Aloise, Spartaco Gippoliti, Paolo Agnelli, Andrea Galimberti, Maurizio Casiraghi, Damiano Preatoni & Adriano Martinoli (2017): "New endemic mammal species for Europe: Sciurus meridionalis (Rodentia, Sciuridae)". Hystrix 28 (1): 1–28.
Na actualidade (2021) recoñécense 23 subespecies de esquío vermello.
Estudos xenéticos indican que outra, S. v. hoffmanni de serra Espuña, no sueste de España (Rexión de Murcia) (incluído, como se pode ver abaixo, en S. v. alpinus), merece un recoñecemento como especie distinta,Rocha, Rita Gomes; Lucas A. Wauters, Maria da Luz Mathias & Carlos Fonseca (2014): "Will an ancient refuge become a modern one? A critical review on the conservation and research priorities for the red squirrel (Sciurus vulgaris) in the Iberian peninsula". Hystrix 25 (1): 9–13. (Resume)
As 23 subespecies recoñecidas hoxe son as seguintes: S. v. alpinus Desmarest, 1822. (sinónimos: S. v. baeticus, hoffmanni, infuscatus, italicus, numantius e segurae) S. v. altaicus Serebrennikov, 1928. S. v. anadyrensis Ognev, 1929. S. v. arcticus Trouessart, 1906. (sinónimo: S. v. jacutensis) S. v. balcanicus Heinrich, 1936. (sinónimos: S. v. istrandjae e rhodopensis) S. v. chiliensis Sowerby, 1921. S. v. cinerea Hermann, 1804. S. v. dulkeiti Ognev, 1929. S. v. exalbidus Pallas, 1778. (sinónimos: S. v. argenteus e kalbinensis) S. v. fedjushini Ognev, 1935. S. v. formosovi Ognev, 1935. S. v. fuscoater Altum, 1876. (sinónimso: S. v. brunnea, gotthardi, graeca, nigrescens, russus e rutilans) S. v. fusconigricans Dvigubsky, 1804. S. v. leucourus Kerr, 1792. S. v. lilaeus Miller, 1907. (sinónimos: S. v. ameliae e croaticus) S. v. mantchuricus Thomas, 1909. (sinónimos: S. v. coreae e coreanus) S. v. martensi Matschie, 1901. (sinónimo: S. v. jenissejensis) S. v. ognevi Migulin, 1928. (sinónimos: S. v. bashkiricus, golzmajeri e uralensis) S. v. orientis Thomas, 1906. S. v. rupestris. Thomas, 1907. S. v. ukrainicus Migulin, 1928. (sinónimo: S. v. kessleri) S. v. varius Gmelin, 1789. S. v. vulgaris Linnaeus, 1758. (sinónimos: S. v. albonotatus, albus, carpathicus, europaeus, niger, rufus e typicus)
Características miniatura|250px|Cranio dun esquío vermello miniatura|250px|Esquío na Pobra do Caramiñal miniatura|250px|Esquío vermello alimentándose miniatura|250px|Esquío no Parque del Buen Retiro de Madrid miniatura|250px|Esquío vermello en inverno, na neve
O corpo de Sciurus vulgaris, é flexíbel, e está provisto dunha longa e peluda cola; a cabeza é ancha e arredondada, con ollos grandes e fociño chato con numerosas vibrisas; as orellas presentan, nas puntas e no inverno, uns penachos de longos pelos. As extremidades son curtas; nas patas anteriores ten catro dedos, moi longos, mentres que as posteriores son pentadáctilas, aínda que os polgares son reducidos. É un animal plantígrado. A columna vertebral é moi flexíbel, para facilitar os movementos áxiles e rápidos. O cranio, co aspecto típico dos roedores, amosa un perfil dorsal moi curvado; as apófises postorbitarias están ben diferenciadas. A fórmula dental é 1.0.2.3/1.0.1.3. Presenta molares tuberculados.
Mide entre os 20 e os 25 cm, sen contar a cola, que mide entre 15 e 20 cm. A súa masa corporal oscila entre os 230 e os 280 g.
A pelaxe é, na maioría dos casos, de cor avermellada. Non presenta dimorfismo sexual.
A longa cola axuda ao esquío a equilibrarse e dirixirse cando salta de árbore en árbore e corre polas ramas; ademais, serve de abrigo, podendo manter ao animal quente durante o sono.Characteristics Red Squirrel en britishredsquirrel.org .
O esquío vermello, como a maioría dos esquíos, ten unhas garras curvas e afiadas para axudarlle a subir e descender dos troncos das árbores, pólas finas e mesmo paredes das casas. As súas fortes patas traseiras permítenlle saltar ocos entre as árbores. O esquío vermello tamén pode nadar.Facts about Red Squirrels .
O pelaxe do esquío vermello varía de cor coa época do ano e o lugar. Hai varios modelos de cor da pelaxe que van da negra á vermella. En Europa e Asia coexisten diferentes cores de pelaxe dentro das poboacións, ao igual que a cor do cabelo nalgunhas poboacións humanas. A parte inferior do esquío é sempre de cor branca crema. Muda a súa pelaxe dúas veces ao ano, cambiando dunha pelaxe de verán máis fina, a unha abrigada de inverno, máis grosa e escura, coas orellas notabelmente máis grandes (unha característica distintiva destacada desta especie). Unha cor xeral de pelaxe máis clara e vermella, xunto cos penachos das orellas (en adultos) e un tamaño máis pequeno, distinguen ao esquío vermello eurasiático da especie americana Sciurus carolinensis (esquío gris).Facts about Red/Grey Squirrels .
Distribución Os esquíos vermellos ocupan bosques boreais de coníferas no norte de Europa e Siberia, preferindo o piñeiro silvestre (Pinus sylvestris), o abeto do norte, ou vermello (Picea abies) e o piñeiro siberiano (Pinus sibirica). No oeste e o sur de Europa atópanse en bosques caducifolios, onde a mestura de especies arbóreas e arbustivas subministra unha mellor fonte de alimentos durante todo o ano. Nas illas Británicas e en Italia, os bosques caducifolios son agora menos adecuados para esta especie debido á competencia na alimentación da introducida S. carolinensis.Forest Research – UK Red Squirrel Group – Red squirrel facts . Forestry.gov.uk. Consultado o 28 de novembro de 2021.
Dentro da Península Ibérica está presente de maneira máis ou menos uniforme, faltando só no cuadrante sueste. Ocupa de forma continua a zona norte peninsular, desde Cataluña até Galicia, e o sistema Ibérico setentrional. Na metade sur está restrinxido aos sistemas montañosos con abundantes piñeirais, como o sistema Central, a serranía de Cuenca e os sistemas Béticos.Ardilla común en Fauna ibérica.org.
Bioloxía Comportamento É habitante habitual dos bosques de coníferas, aínda que tamén está presente noutras formacións arbóreas. Desenvolve a súa actividade durante o día buscando e consumindo froitos, sementes, cascas, cogomelos e incluso insectos, ovos e polos de aves, e mesmo preas. A cantidade de alimento consumido oscila entre os 55 e os 80 g ao día.
Cando abunda a comida, as sobras gárdaas en escondedoiros, xa sexa enterrándoas ou dentro de fendas ou ocos de árbores ou rochas, e as come cando o alimento escasea. Aínda que o esquío vermello recorda onde están os agochos da comida, a súa memoria espacial é moito menos precisa e duradeira que a do esquío gris e, polo tanto, a miúdo terá que buscala cando a necesite, e moitas veces nunca volverá encontrala.Macdonald, I. M. V. (1997): "Field experiments on duration and precision of grey and red squirrel spatial memory". Animal Behaviour 54 (4): 879–891. (Esta é unha das razóns da súa incompetencia alimentaria fronte á especie invasora).
Entre o 60 % e o 80 % do seu período activo dedícase a buscar os alimentos, e a comelos.Wauters, L. A. & Dhondt, A. A. (1992): "Spacing behaviour of red squirrels, Sciurus vulgaris: variation between habitats and the sexes". Animal Behaviour 43 (2): 297–311. O período activo do esquío vermello é pola mañá e ao serán e á noite. Adoita descansar no seu niño (construído con poliñas de árbores e situado na parte alta da copa destes). Ao mediodía descansa, evitando a calor e a alta visibilidade das aves de rapina, que son un perigo durante esas horas. Durante o inverno este descanso do mediodía adoita ser moito máis breve, o mesmo ausente por completo, aínda que o clima severo pode facer que o animal permaneza no seu niño durante varios días seguidos. Non son territoriais, e as áreas de alimentación dos individuos poden superpoñerse considerabelmente.
Non hiberna, senón que se mantén activo consumindo o que foi almacenando no chan e nos diferentes buratos de árbores e rochas. Desenvolve a súa actividade nas árbores, aínda que non dubida en baixar deles para recoller alimento no chan. Tamén nada con soltura, servíndolle a cola como temón para cambiar a dirección do seu desprazamento. Ao ver a un inimigo, bate a cola e produce ruídos estrepitosos para que o resto dos seus familiares o saiban.
Reprodución e mortalidade O período reprodutivo sucede a fins do inverno e en verán. Unha femia ten dúas camadas por ano, usualmente con tres ou catro crías, excepcionalmente seis. A xestación dura entre trinta e oito e trinta e nove días. As crías nacen desvalidas, cegas, xordas, pesando de 10 a 15 g; seu corpo cúbrese de pelo aos 21 días, os ollos a as orellas abren despois de tres ou catro semanas, desenvolven a dentición aos 42 días, comenzan a comer sólido aos 40 días a a desteta prodúcese entre as oito e as dez semanas.
Os machos detectan ás femias en estro polo seu olor e, aínda que non hai cortexo sexual e múltiples machos van cara a unha soa femia fértil, finalmente o macho dominante, usualmente o máis grande do grupo, aparéase con ela. Machos e femias aparéanse múltiplas veces con moitos compañeiros. A femia debe acadar unha mínima masa corporal antes de entrar en estro, e as femias máis pesadas xeran máis crías. Se o alimento escasea, a preñez pode perderse. Tipicamente, unha femia produce a súa primeira camada ao segundo ano de vida.