Ferrari SF16-H Ferrari 300px InformaciónPaís Fabricante Ferrari Deseñador James AllisonRory ByrneSimone RestaMattia BinottoProdución Predecesor Ferrari SF15-TSucesor Longo mmLargo mmAlto mmPeso 702 Kg. mínimo (con auga, lubricante e piloto)Chasis Monocasco de niño de abella en fibra de carbono e material compostoSuspensión Independente con resorte de torsión e amortecedor dianteiro / traseiro Motor Ferrari Tipo 059/5, motor V6 Potencia Transmisión 8 velocidades e marcha atrás semiautomática secuencial, controlada electronicamente, caixa de cambios lonxitudinalTracción PosteriorFreos Brembo, discos ventilados de carbono Prestacións Pneumáticos Pirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado)Lamias OZ (dianteiras e traseiras): 13" Debut Gran Premio de Australia de 2016 Pilotos 5. Sebastian Vettel 7. Kimi Räikkönen Carreiras 3 Gañadas 0 Poles 0 Voltas rápidas 0 Camp. Cons. 0 Camp. Pilt. 0*

O Ferrari SF16-H é un coche de competición de fórmula 1, que Ferrari utilizará para competir na tempada de Fórmula Un. os pilotos titulares son Sebastian Vettel e Kimi Räikkönen. O SF16-H presentouse o 19 de febreiro de 2016.

Características O coche, nado da pluma de James Allison, Rory Byrne e Simone Resta, difiere profundamente do antecesor como parte da filosofía de deseño. A diferenza do SF15-T, o SF16-H, a letra "H" no nome do coche significa "híbrido", mostra un morro moito máis curto e alto coa intención de asegurar un maior fluxo de aire á parte traseira (e especialmente á zona do difusor). Logo de catro tempadas retornase a unha suspensión de tipo push rod, co fin de simplificar a configuración do coche e facilitar o quecemento dos pneumáticos (verdadeiro talón de Aquiles dos coches do Cavallino nos últimos anos). Un importante traballo sobre a disposición dos compoñentes da unidade de potencia permitiron un gran estreitamento dos lados, especialmente na área da "Coca Cola", mentres que as entradas de aire laterais e o airscope mantivéronse sen cambios no tamaño, aínda que revisadas na súa xeometría.

Librea A librea difiere da de tempadas anteriores pola presenza de grandes sectores de branco, que lembra aos coches de Ferrari da década de 1970 - en particular, o T 312 de Niki Lauda campión do mundo na tempada -, que abarca o capó do motor, o eixe dianteiro e parte do á traseira e dianteira. A tricolor italiana vese claramente na toma de aire superior e, en menor medida, no nariz e na parte inferior dos paneis laterais.

De acordo co seu costume de dar aos seus coches nomes femininos, Vettel chamou ao seu SF16-H "Margarita", en referencia a Margarita Aldobrandini.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Puntos Pos. Scuderia Ferrari Ferrari Type 060/3 V6 Turbo AUS BAH CHN BHR ESP MON CAN EUR AUT GBR HUN ALE BEL ITA SIN MAL XPN USA MEX IND ABU Sebastian Vettel 3 NTS 2 Ret 3 4 2 2 Ret 9 4 5 6 3 5 Ret 4 4 5 5 3 398 3º Kimi Räikkönen Ret 2 5 3 2 Ret 6 4 3 5 6 6 9 4 4 4 5 Ret 6 Ret 6 * Tempada en curso.

Véxase tamén Outros artigos

Scuderia Ferrari Sebastian Vettel Kimi Räikkönen Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina Web oficial da Scuderia Ferrari

Categoría:Coches de Fórmula 1 Categoría:Scuderia Ferrari