Truman é un filme hispano-arxentino de 2015 dirixido por Cesc Gay. No 2015, no 63 Festival Internacional de Cine de Donostia, recibe a Cuncha de Prata ao mellor actor, os protagonistas: Ricardo Darín e Javier Cámara. En febreiro de 2016 recibe cinco premios Goya, entre eles o de Mellor filme, mellor dirección (Cesc Gay), mellor interpretación masculina protagonista (Ricardo Darín) e secundaria (Javier Cámara), mellor guión orixinal (Cesc Gay e Tomás Aragay) e mellor montaxe (Pablo Barbieri).

Enredo

O filme trata sobre as vivencias que comparten dous amigos que se atopan cando un deles (Tomás) visita inesperadamente ao outro (Julián). Ambos os dous, mediante o fío condutor do can de Julián ("Truman"), compartirán momentos emotivos e sorprendentes relacionados coa situación complicada que vive este último.

Elenco Ricardo Darín... Julián Javier Cámara ... Tomás Dolores Fonzi ... Paula Eduard Fernández ... Luis Àlex Brendemühl ... Veterinario Pedro Casablanc ... Médico José Luis Gómez Gómez ... Produtor Javier Gutiérrez Álvarez ... Asesor funeraria Elvira Mínguez ... Gloria Oriol Pla ...Nico Nathalie Poza ... Muller 2 Àgata Roca ... Muller 1 Susi Sánchez ... Muller Adopción Francesc Orella ... Actor Restaurante Ana Gracia ... Actriz Restaurante Silvia Abascal ... Mónica

Recepción O filme foi recibido con grandes eloxios. Carlos Boyero, na súa crítica de El País, resalta que «aínda que o que narra é tráxico, o director non renuncia a provocarnos o sorriso, ao ton agridoce, a momentos de comedia, ao humor cáustico. O xeito de contar a historia é precisa, suxestiva, elegante, sutil e complexa» . En Fotogramas, cualifícana como «unha película amábel, que encantará ao público por evitar intelixentemente o dramón, e apostar pola emoción e a tenrura» . LLuis Bonet, de La Vanguardia, afirma que «Truman parecía ter aberta a porta ao drama lacrimóxeno, mais os seus intelixentes toques de comedia converten o riso nun detonante de sentimentos ocultos» .

No estranxeiro tamén recibiu críticas positivas. Gran parte da crítica loa tamén as interpretacións de ambos os dous protagonistas. Boyero describiu a interpretación de Darín como «un recital inesquecíbel». Beatriz Martínez, de El Periódico, constata que «Ricardo Darín e Javier Cámara bordan o seu traballo nunha película sutil e afastada do sentimentalismo doado» .

Palmarés O filme ten recibido numerosos premios e nomeamentos, nos que salientan: 30.ª edición dos Premios Goya Categoría Nomeados ResultadoMellor filme Truman GañadorMellor dirección Cesc Gay GañadorMellor interpretación masculina protagonista Ricardo Darín GañadorMellor interpretación masculina secundaria Javier Cámara GañadorMellor guión orixinal Cesc GayTomás Aragay GañadoresMellor montaxe Pablo Barbieri Nomeado

Notas

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Cesc Gay Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película