O translocador nuclear do receptor de aril hidrocarburos (ARNT ou translocador nuclear do receptor de hidrocarburos aromáticos), é unha proteína que forma un complexo co receptor de aril hidrocarburos (AhR) unido a ligando, e é necesario para o funcionamento do receptor. En humanos está codificado no xene ARNT do cromosoma 1. Esta proteína foi tamén identificada como a subunidade beta dun factor de transcrición heterodímero chamado factor inducible por hipoxia 1 (HIF1). Unha alteración xenética neste xene ARNT consistente nunha translocación cromosómica t(1;12)(q21;p13), orixina a proteína de fusión TEL-ARNT, que está asociada coa leucemia mieloblástica aguda. Neste xene describíronse variantes de empalme alternativo que orixinan tres isoformas da proteína.

O receptor de aril hidrocarburos (AhR ou receptor de hidrocarburos aromáticos) está implicado na indución de varios encimas que participan no metabolismo xenobiótico. A forma citosólica non unida a ligando do receptor de aril hidrocarburos forma un complexo coa proteína de shock térmico 90. Ao unirse ao ligando, o cal pode ser unha dioxina ou un hidrocarburo aromático policíclico, prodúcese o traslado ou translocación da subunidade que se une ao ligando especificamente ao núcleo celular. A indución de encimas implicados no metabolismo xenobiótico ocorre por medio da unión do AhR unido a ligando a elemntos de resposta a xenobióticos situados nos promotores dos xenes que codifican estes encimas.

Interaccións

O translocador nuclear do receptor de aril hidrocarburos presenta interaccións con:

AIP, AHR, EPAS1, HIF1A, NCOA2, SIM1, e SIM2.

Notas

Bibliografía

Ligazóns externas

Este artigo incorpora textos en dominiopúblico procedentes da National Library of Medicine de Estados Unidos.

Categoría:Factores de transcrición