Santa Tareixa de Xesús Jornet, nada como Teresa Jornet e Ibars en Aitona (Lleida) o 9 de xaneiro de 1843 e finada en Liria, Valencia o 26 de agosto de 1897 foi unha relixiosa española. En 1873 fundou a Orde das Irmás dos Anciáns Desamparados en Barbastro. Á súa morte había 103 asilos en España e América.

Traxectoria Tareixa naceu nunha familia relixiosa. A súa irmá Josefa foi Filla da Caridade no hospital da Habana, a súa irmá María e tres fillas do seu irmán Juan incorporáronse á nova orde, a súa tía Rosa, irmá da súa nai, morreu en olor de santidade e o seu tío avó, o Beato Francisco Palau, foi frade carmelita exclaustrado, orador, escritor e penitente.

Estudou en Lleida para mestra e ingresou no mosteiro das clarisas de Briviesca (Burgos). A situación política da segunda metade do século XIX non permitía a emisión de votos, polo que se fixo carmelita terciaria, dedicándose ao ensino. Posteriormente, xunto cun grupo de sacerdotes en Barbastro, dedicouse á atención dos anciáns abandonados, dende onde viaxou a Valencia, casa nai das Irmás dos Anciáns Desamparados.

Antes de falecer en 1897 deixou dito he escrito que non quería canonizacións na orde se co paso do tempo houbese Irmás canonizables e indicou que non desexaba que se gastase diñeiro e recursos en propoñer a subida aos alteras de ninguén. Por este motivo o seu proceso de beatificación se alongou tanto no tempo. Foi beatificada en 1958 e canonizada en 1974.

Véxase tamén Ligazóns externas catholic.net aciprensa.com mercaba.org Biografías y vidas Hermanitas de los ancianos desamparados

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados en Aitona Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1897 Categoría:Relixiosos católicos de España