O rinoceronte negro do oeste (Diceros bicornis longipes) ou rinoceronte negro occidental foi unha subespecie do rinoceronte negro, declarado extinto pola IUCN no 2011. Críase que era xeneticamente diferente doutras subespecies de rinoceronte. Outrora era común na sabana da África subsahariana, pero o seu número minguou pola caza furtiva. O rinoceronte negro occidental residía principalmente no Camerún.
Notas
Categoría:Rinocerontes Categoría:Animais descritos en 1849 Categoría:Mamíferos de África