Doutor Zhivago (en ; en ) é un filme dirixido por David Lean que se estreou no ano 1965. Trátase dun drama épico, baseado na novela homónima que publicou o ruso Boris Pasternak en 1957 e que lle valeu o Premio Nobel de Literatura un ano máis tarde. O filme está protagonizado por Omar Sharif, obtivo cinco premios Óscar e foi nomeada a outros cinco. Ademais, foi galardoado con cinco premios Globo de Ouro, incluíndo os correspondentes ás categorías de mellor filme dramática, mellor director e mellor guión. Foi un filme moi popular durante décadas, e a partir de 2010 foi considerado nos Estados Unidos o oitavo con maior recadación de todos os tempos. Axustada a cifra de máis de 111 millóns de dólares polo índice de inflación a xaneiro de 2010, equivale a 912 millóns de dólares, o que sitúa ó filme no oitavo lugar de recadación de tódolos tempos.
Sinopse O guionista recorreu á técnica de analepse ou flashback para estruturar a trama da película. O xeneral soviético Yevgraf Andréyevich Zhivago (Alec Guinness) cóntalle a historia do seu medio irmán, o médico e poeta Yuri Zhivago (Omar Sharif), á moza Tonya Komaróvskaya (Rita Tushingham), quen leva o nome de Tatiana Bezócheredeva na novela orixinal. Yevgraf Zhivago cre que o seu medio irmán Yuri é en realidade o pai da rapariga. A narración de Yevgraf Zhivago ten como marco histórico o tumultuoso período de 1902-1929, que incluíu a primeira guerra mundial, a Revolución Rusa de 1917 e a guerra civil rusa, cando o réxime do tsar Nicolao II de Rusia foi derrocado establecéndose a Unión Soviética en 1922. Pola idade da moza Tonya Komaróvskaya dedúcese que a narración se efectúa a finais da década de 1940 ou na década de 1950, a pesar de que nunca se menciona unha data específica.
Sinopse miniatura|Yevgraf Andréyevich Zhivago (Alec Guinness) móstralle á moza Tonya Komaróvskaya (Rita Tushingham) unha imaxe de Lara, impresa nun exemplar dos poemas de Yuri Zhivago. O argumento da película encádrase na procura que realiza o tenente xeneral da KGB Yevgraf Andréyevich Zhivago (Alec Guinness) da filla ilexítima do seu medio irmán, o poeta e médico Yuri Andréyevich Zhivago (Omar Sharif), e da súa amante Larisa ("Lara") Antípova (Julie Christie). Yevgraf cre que unha moza chamada Tonya Komaróvskaya (Rita Tushingham), quen traballa nunha presa hidroeléctrica soviética, pode ser a súa sobriña (o detalle da KGB, ausente na novela orixinal, é froito da creación do guionista.)
Nenez e mocidade de Yuri Zhivago miniatura|180px|Julie Christie representando á adolescente Lara, na primeira parte da película. Yevgraf refire a historia da vida de Yuri Andréyevich Zhivago a Tonya Komaróvskaya. Yuri Zhivago perde aos seus pais a moi curta idade: o seu pai abandona á súa familia e a nai de Yuri morre cando el é un neno. Na necesidade, Yuri é acollido por uns amigos da súa nai, o matrimonio formado por Alexander (Ralph Richardson) e Anna (Siobhan McKenna) Gromeko, quen teñen unha filla chamada Tonya (Geraldine Chaplin). Gromeko é un profesor de medicina retirado que vive en Moscova e o talentoso Yuri Zhivago é capaz de entrar na Escola de Medicina en 1913, onde se converte en asistente do profesor Borís Kurt (Geoffrey Keen). A pesar de que Yuri xa é un poeta de certo renome, non cre que poida manter a unha familia como poeta e decide converterse en médico xeral.
Paralelamente, Larisa (Lara) Antípova (Julie Christie) é unha estudante que vive coa súa nai (Adrienne Corri), dona dun taller de costura, naquel momento aconsellada por Víctor Ipolitovich Komarovsky (Rod Steiger), un avogado corrupto con vínculos políticos diversos, que nalgún momento foi socio de negocios do pai de Yuri Zhivago. Lara atópase comprometida con Pável Pávlovich (Pasha) Antípov (Tom Courtenay), quen nos seus inicios é un mozo idealista, social demócrata entusiasta. miniatura|180px|Escena na que os cosacos atacan unha manifestación pacífica. O argumento da película caracterízase por transcorrer no marco de grandes escenarios. left|miniatura|180px|Julie Christie, no seu papel de Lara. A fotografía forma parte dunha escena en que aparece como amante de Komarovsky. Unha noite, os cosacos atacan a protesta pacífica dunha multitude que pide pan, traballo e igualdade, producindo un masacre que inclúe a mulleres e nenos entre as vítimas. O propio Yuri é testemuña do masacre. Durante o mesmo, Pasha resulta marcado no seu rostro por un golpe de sabre. Ese episodio despraza a ideoloxía de Pasha cara ao extremismo de esquerda. Esa mesma noite, Víctor Komarovsky, quen xa era amante da nai de Lara, leva á moza a un restaurante caro e refinado para finalmente seducila. Ao achegar a Lara á súa casa, Pasha preséntase e revela o seu rostro ferido, pedíndolle que oculte un revólver Smith & Wesson que recolleu na manifestación.
Komarovsky converte á adolescente Lara na súa amante, ata que a súa nai descobre a relación e trata de suicidarse mediante a inxestión de iodo. Komarovsky, para saír da lea, solicita a axuda do doutor Kurt, quen acode acompañado polo seu asistente Yuri Zhivago. É entón cando Yuri ve a Lara por primeira vez. Cando Pasha, agora decidido bolxevique, informa a Komarovsky das súas intencións de casar con Lara, Komarovsky non se manifesta entusiasmado e trata de disuadir a Lara de casar con Pasha. Como manifestación do seu carácter, Komarovsky termina por violala. En vinganza, Lara leva a pistola de Pasha que estaba a ocultar, busca a Komarovsky na festa de Noiteboa e dispáralle. Komarovsky non morre, senón que só resulta ferido no brazo. A pesar de que os comensais desexan chamar á policía, Komarovsky insiste en que non se adopten medidas contra Lara, quen é escoltada por Pasha. A ferida de Komarovsky é curada e vendada por Yuri, quen tamén foi testemuña do sucedido na festa onde coñeceu a Pasha. Aínda que furioso e devastado pola infidelidade de Lara, Pasha non se atreve a golpeala. Na secuela, Pasha casa con Lara e teñen unha filla, Katia Antípova.
Primeira guerra mundial A película refire logo o estalido da primeira guerra mundial en 1914. Yevgraf Zhivago revela que el era membro do Partido Obreiro durante este tempo, que actuaba coa intención de subverter o Exército Imperial Ruso a favor dos bolxeviques de Vladímir Lenin. Yuri, pola súa banda, xa está casado con Tonya Gromeko (Geraldine Chaplin), unha moza da alta burguesía que está namorada del desde a infancia. Yuri convértese en médico de campo de batalla ao longo da fronte oriental. Deixando á súa esposa e a súa filla, Pável (Pasha) Antípov únese a un rexemento de voluntarios (na película, escóitase a voz de Yevgraf dicir: "os homes felices non se ofrecen como voluntarios") e convértese nun home de confianza para os seus compañeiros. No inverno de 1915, Antípov é dado por morto durante un ataque contra os alemáns, aínda que oficialmente é declarado "desaparecido en combate". Lara alístase como enfermeira co fin de buscalo. Mentres tanto, a Revolución de Febreiro de 1917 desátase: os soldados comezan a amotinarse contra os seus oficiais e desertan masivamente. Viaxando cun grupo de feridos, Zhivago atópase unha vez máis con Lara, quen está cunha columna de tropas de substitución marchando á fronte. Lara axuda a Zhivago a atender aos feridos. Os dous traballan xuntos durante o resto da guerra, nun hospital improvisado nunha casa de campo próxima. Sepáranse despois do tratado de Brest-Litovsk.
Retorno a Moscova e guerra civil miniatura|Omar Sharif como Yuri e Geraldine Chaplin como a súa esposa Tonya que espera unha filliña, na súa casa de Varýkino. Despois da guerra, Yuri volve a Moscova. Decátase de que a casa familiar dos Gromeko foi subdividida en bloques de pisos polo novo goberno soviético. Yuri atópase co seu fillo Sasha por primeira vez desde que o neno era un bebé, e retoma o seu antigo traballo no hospital local. Enfadado porque a súa familia non ten leña para a estufa en pleno inverno ruso, unha noite Yuri rouba madeira dun valado, ocasión en que é descuberto polo seu medio irmán Yevgraf, policía que traballa para a Cheka. Yevgraf ségueo até a casa, identifícase, e informa a Yuri Zhivago de que os seus poemas "non gustan", suxerindo que foron condenados polos censores soviéticos como antagónicos ao novo réxime. En realidade, isto non é verdade pero Yuri créeo. Despois de suxerir que a súa familia está en risco colectivo, Yevgraf estende os papeis necesarios para o seu traslado á leira dos Gromeko en Varýkino, nos montes Urais.
Zhivago, Tonya, Sasha e Alexander Gromeko soben a un tren de carga ateigado, fortemente custodiado, que transporta ademais un destacamento de recrutas de man de obra, incluíndo a un anarquista disidente e exaltado intelectual, Kostoyed Amursky (Klaus Kinski), e un continxente de gardas vermellos. Logo de pasar polo pobo de Mink, bombardeado polas forzas vermellas ao mando do comisario do pobo Strélnikov, o tren detense nalgún lugar preto dos montes Urais para dar paso a outro tren blindado que transporta ao propio Strélnikov, personaxe duro e en aparencia insensible. Un primeiro plano do seu rostro revela que Strélnikov é en realidade Pável Antípov, esposo de Lara, quen se afastou dela e mudou o seu nome para dedicar a súa vida á causa da revolución. Mentres o tren fai unha parada na rexión dos Urais, Yuri Zhivago salta para dar un paseo, levado polo son dunha fervenza e extasiado pola luz que se coa entre as ramas do bosque. De súpeto, tropeza co tren blindado que conduce a Strélnikov, detido e oculto nunha vía morta. Convencidos de que Yuri podería estar implicado nun complot de asasinato, os gardas vermellos arréstano e condúceno ante Strélnikov. Yuri recoñece inmediatamente no comisario a Pável Antípov, agora no Exército Vermello enfrontado ao Exército Branco na guerra civil rusa, a quen vira na festa da véspera de Nadal en 1913. Despois dun contrapunto tenso entre ambos, Strélnikov informa -para sorpresa de Yuri- que Lara non está lonxe senón que vive na cidade de Yuriatin, manifestando intrinsecamente o seu desexo de permanecer distanciado da vida familiar: "A vida privada morreu en Rusia...", proclama Strélnikov, frase cuxo contexto sería longamente analizado e discutido por ideólogos e escritores. A continuación, Strélnikov permite a Zhivago regresar ao tren coa súa familia.
Despois do longo e dificultoso traxecto, a familia descobre que a mansión foi confiscada polo goberno revolucionario e deben resgardarse nunha pequena cabana próxima. Alí Yuri Zhivago reemprende a escritura de poesía e visita a biblioteca próxima onde reencontra a Lara Antípova. Ambos manteñen unha relación amorosa á vez que Yuri descobre que a súa muller está embarazada. Iso condúceo a tentar romper a súa relación con Lara, da que el está namorado. Ao tentar regresar Zhivago á súa casa de Varýkino é recrutado por un pelotón revolucionario da guerrilla durante dous anos.
Yuri e Lara: angustia e poesía miniatura|180x180px|Julie Christie, personificando a Lara nunha escena que comparte con Omar Sharif, quen encarna a Yuri Zhivago.