North Central Florida é unha rexión de tipo direccional dentro do estado de Florida, nos Estados Unidos, que comprende a parte norte central do Estado e engloba a Área Metropolitana de Gainesville (nos condados de Alachua e Gilchrist) e os condados da super-rexión de Florida do Norte de Bradford, Columbia, Hamilton, Lafayette, Madison, Marion, Putnam, Suwannee e Union. A maior cidade da rexión é Gainesville (sede da Universidade de Florida), mentres que a maior área metropolitana é a Área Metropolitana de Ocala. Outras cidades de importancia na rexión son Lake City, Live Oak e Palatka. No ano 2010 a rexión acadou unha poboación de 873.189 habitantes.
Florida do Norte Centralthumb|dereita|250px|Localización de North Central Florida dentro do Estado thumb|dereita|250px|Localización da Área Estatística Metropolitana de Gainesville dentro de Florida thumb|dereita|250px|Mapa dos condados de North Central FloridaCondadosAlachua, Bradford, Columbia, Gilchrist, Hamilton, Lafayette, Madison, Marion, Putnam, Suwannee e UnionCidades maioresGainesville Ocala Palatka Lake City Do mesmo xeito que a chamada rexión de Florida Panhandle, esta rexión é recoñecida a miúdo como parte do chamado Sur Profundo, igual có resto do Estado"Gainesville Florida Population and Demographics Resources" . Consultado o 30-6-2011 . A maioría dos brancos americanos en Florida do Norte Central son tradicionalmente descendentes de devanceiros ingleses sen mesturas.
A paisaxe e o clima de Florida do Norte Central non responde ao clima subtropical, típico de Florida. A súa paisaxe é de suaves outeiros dominados por magnolios e grandes aciñeiros do sur cubertos de brións españois.
A rexión tamén dispón de grandes bosques de piñeiros. O clima é bastante amornado durante todo o ano, pero ten invernos moi diferentes con temperaturas que caen por baixo de cero con bastante frecuencia.
Localización O condado máis ao sur de Florida do Norte Central, o Condado de Marion, limita co norte de Central Florida e algunhas rexións da área xeográfica da Nature Coast. Outros moitos condados da rexión limitan coa Costa Natural, incluíndo a Alachua, Gilchrist e Hamilton. Florida do Norte Central non está afectada polos furacáns tanto como os seus condados veciños do leste e o oeste.
Vilas e cidades Florida do Norte Central ten unhas poucas cidades e moitas vilas ou asentamentos de poboación, algúns ao longo das ribeiras de ríos e lagos.
Nome dapoboaciónTipo depoboaciónCondadoHabitantes Alachua Cidade Alachua 9.272 Belleview Vila Marion 4.509 Bell Aldea Gilchrist 549 Brooker Aldea Bradford 334 Fort White Aldea Columbia 556 Gainesville Cidade Alachua 126.047 Greenville Aldea Madison 824 Hampton Aldea Bradford 495 Hawthorne Vila Alachua 1.428 High Springs Vila Alachua 5.494 Interlachen Vila Putnam 1.396 Jasper Vila Hamilton 5.452 LaCrosse Aldea Alachua 360 Lake City Cidade Columbia 12.099 Lawtey Aldea Bradford 730 Lee Aldea Madison 386 Live Oak Cidade Suwannee 6.919 Madison Vila Madison 2.769 Micanopy Aldea Alachua 606 Ocala Cidade Marion 56.945 Palatka Cidade Putnam 10.472 Pomona Park Aldea Putnam 908 Reddick Aldea Marion 508 Starke Vila Bradford 5.405 Trenton Vila Gilchrist 1.988 Waldo Vila Alachua 1.022
Atraccións A diferenza da Central Florida e da Florida Suncoast, Florida do Norte Central non ten moitos parques de atraccións ou grandes parques temáticos. No seu lugar, contan con moitos parques de natureza. Tamén ten moitas pequenas vilas da época do cambio de século que representan á cultura Sur Profundo.
Unha importante atracción de North Central Florida é ser a principal localización da Universidade de Florida e sede dos estadios dos seus equipos deportivos, os Florida Gators.
Notas
Categoría:Rexións de Florida Categoría:Xeografía de Gainesville, Florida Categoría:Condado de Alachua, Florida Categoría:Condado de Gilchrist, Florida Categoría:Área Metropolitana de Gainesville, Florida Categoría:Florida do Norte