Rafael Mayoral Perales, nado en Madrid o 26 de marzo de 1974, é un avogado español, actual secretario de Relación coa Sociedade Civil e Movementos Sociais de Podemos.
Traxectoria Logo de rematar a carreira de Dereito, implícase no asesoramento xurídico a colectivos en situación de vulnerabilidade económica e social. Coa aparición do Movemento 15-M, convértese en asesor da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Madrid. Polas actividades que realiza nesta asociación (paralización de desafiuzamentos, querelas a entidades bancarias, redacción do recurso de inconstitucionalidade contra a Lei Antidesafiuzamentos, etc.), recibe en 2013, xunto con Ada Colau, o premio Defensores de Derechos outorgado por Periodismo Humano.
Inicialmente militante no Partido Comunista de España (PCE) e integrante da Fronte Cívica "Somos Maioría", en novembro de 2014 é elixido membro do Consello Cidadán de Podemos, e pasa a formar parte do Consello de Coordinación xunto a Pablo Iglesias. Colaborador habitual do programa La Tuerka, dende a súa elección aparece en numerosas tertulias políticas defendendo o programa do seu partido.
Premios 2013 - Premio Defensores de Dereitos Sociais, Ada Colau e Rafael MayoralEntrevista a Rafael Mayoral, O desahucio é un problema colectivo(En Castelán), El País, 6 de xullo de 2011 en representación da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), pola súa perseverante loita polo dereito recoñecido a unha vivenda digna, pola súa capacidade de mobilización e participación cidadá e polo seu exemplo de solidariedade. Premio outorgado polo medio Periodismo Humano.Ada Colau e a PAH galardoadas polos Premios Defensores de Dereitos outorgados por 'Periodismo Humano', Europa Press, 3/5/2013
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Rafa Mayoral, na páxina oficial de Transparencia de Podemos.
Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1974 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)