Josefa Asunción Morgade Rúa, nada en Rairiz de Veiga en 1986,Asunción Morgade será la candidata del PP en Rairiz de Veiga é unha política e xestora sanitaria galega, alcaldesa de Rairiz de Veiga.
Traxectoria Profesionalmente é enfermeira e psicóloga. Graduada en Psicoloxía Clínica, en paralelo á súa carreira política foi directora dunha residencia de anciáns en Monterrei.
Figurou como número 2 da candidatura do PPdeG ao concello de Rairiz de Veiga nas eleccións de 2015. Neses comicios o PPdeG obtivo unha ampla maioría e Xoaquín Rodríguez Ambrosio foi reelixido alcalde. Poucos meses despois, en decembro, Ambrosio viuse obrigado a dimitir tras ser condenado por prevaricación a oito anos de inhabilitación, polo que o pleno escolleu no seu canto a Asunción Morgade como alcaldesa. Con todo, Morgade non contou co apoio de dous concelleiros do PPdeG que foran do PPdeG antes de que os anteriores concelleiros do BNG, co exalcalde á cabeza, se integrasen no seu grupo.Asunción Morgade toma posesión como alcaldesa en Rairiz de Veiga, La Región, 15/12/2015. No momento de converterse en alcaldesa foi a alcaldesa máis nova da provincia de Ourense.
Nas eleccións de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida con maioría absoluta. Para as eleccións de 2023 a dirección provincial do PPdeG designou outro candidato a alcalde, e Asunción Morgade incorporouse á candidatura do PSdeG, á fronte do cal revalidou a alcaldía con maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Rairiz de Veiga
Categoría:Alcaldes de Rairiz de Veiga Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Rairiz de Veiga Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1986 Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE