Alberto Romero Tomás, nado en Cardona (provincia de Barcelona) o 17 de novembro de 1974, é un humorista, guionista e actor catalán, máis coñecido coma Berto Romero. Participou nos programas de humor Buenafuente (La Sexta) e Buenas noches y Buenafuente (Antena 3), e foi columnista do xornal Público. Actualmente presenta xunto a Andreu Buenafuente o programa de radio da Cadena SER Nadie sabe nada, onde improvisan temas propostos polo público.
Teatro Historias del cantautor paródico y su embarrenamiento precoz El desafío de los hombres medianos La apoteosis necia (2004-2011) Terrat Pack (2008-2012). El consuelo del labriego (2009) Berto Romero - Sigue con nosotros (2013) - actualidade
La apoteosis necia
Na compañía El Cansancio empezou a súa carreira no mundo do teatro e o humor polo ano 2004 co seu monólogo La apoteosis necia. Era un texto atrevido, que combinaba humor intelixente e cancións escritas polo propio Berto e acompañadas por un guitarrista (Marc Martínez, que máis tarde sería substituído por Ivan Rodríguez).
Con este monólogo, El Cansancio empezou a percorrer vilas e teatros de España e comezou a recoller os froitos de anos de traballo. Finalmente, e tras sete anos de xira por España, Berto, Iván e Miquel (o director), puxeron punto final á representación deste monólogo no Teatro Coliseum de Barcelona, en tres únicas funcións os días 1, 2 e 3 de outubro de 2010. Estas tres únicas funcións contaron cos cameos de José Corbacho; o humorista Godoy; o guitarrista do programa "Buenafuente", Joan Eloi Vila; o grupo The Pinker Tones; o primeiro guitarrista, Marc Martínez; o "follonero", Jordi Évole e o responsábel de catapultar a Berto á fama, Andreu Buenafuente.
Radio La taverna del llop, colaborador coa sección El crític total (2002, Ràdio 4). Ultimàtum a la Terra (2003, Ràdio 4). Una mala tarda la té qualsevol (2004, Ràdio 4). Dia a la vista, colaborador coa sección Univers Romero e La competència (2004, Ràdio 4). L'incident Kàplan (2005, Ràdio 4). Ramón (2005, para Internet). El ombligo de la luna, colaborador coa sección Cuarto Menguante (2006, RNE 1). El matí i la mare que él va parir, colaborador (2007-2008, Ràdio Flaixbac). Nadie sabe nada (2013-, Cadena SER).
Televisión
Programas El gran què (2007, TV3) Que no surti d'aquí, monologuista (2007, 8tv). Buenafuente, ocasional (2007, Antena 3). Buenafuente, colaborador fixo (2007-2011, La Sexta). Terrat Pack (2009, La Sexta). El programa de Berto (2009, La Sexta). Divendres, colaborador (2009-actualidade, TV3). Buenas noches y Buenafuente (2012, Antena 3). El club de la comedia (2013-, La Sexta). En el aire (2013-2015, La Sexta). MovieBerto (2014-, Paramount Channel)
Series Zombis (2009-2011, TNT). Con el culo al aire (2014), Antena 3).
Filmografía Sótano (curtametraxe, 2009), de Jon Cortegoso. Spanish Movie (longametraxe, 2009), de Javier Ruiz Caldera. Primeira actuación nunha longametraxe, papel secundario coma pitufo xunto con Andreu Buenafuente. 3 bodas de más (longametraxe, 2013), de Javier Ruiz Caldera. Coma Pedro. Como todas las mañanas (longametraxe, 2013), de Toni Nievas. 2037 (curtametraxe, 2015), de Enric Pardo. Coma Marc. Hostiable (curtametraxe, 2015), de David Galán Galindo. Coma Gonzalo. Losers (longametraxe, 2015). Anacleto: Agente secreto (longametraxe, 2015), de Javier Ruiz Caldera. Coma Martín. Ocho apellidos catalanes (longametraxe, 2015), de Emilio Martínez-Lázaro. Coma Pau Serra. Barcelona nit d'hivern (longametraxe, 2015), de Dani de la Orden. El pregón (longametraxe, 2016), de Dani de la Orden. Coma Richi.
Libros Cero estrellas (2008). Con Xavi Tribó. Limiar de Andreu Buenafuente Edicións El Bronce. ISBN 84-8453-183-X Lo que vendría a ser la televisión en España (2011). Segundo Buenafuente e El Terrat. Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-10718-7 Colaboración en Practicar sexo es fácil (si sabes cómo) (2012). De Oriol Jara, Roger Rubio e Rafel Barceló. El Terrat. Editorial Planeta. Padre, el último mono (2012). Con Oriol Jara, Roger Rubio e Rafel Barceló. Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-00395-3 Prólogo de Todas las chicas besan con lo ojos cerrados (2012). De Enric Pardo. ISBN 978-84-397-2637-1 Prólogo de Soy tu príncipe azul pero eres daltónica (2014). De Paco Caballero. ISBN 978-84-940801-7-3 En ocasiones veo pelis. el libro de MovieBerto (2015). Con Rafel Barceló. Prólogo de Javier Ruiz Caldera. Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-13943-0
Premios 2013 - Nomeado - Premio Goya ó mellor actor revelación 2015 - Mellor Actor - Premiado - Berto Romero por 2037'' de Enric Pardo. Festival Al Corto 2015. Alcobendas, Madrid.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Blog de Berto Berto en Fangazing
Categoría:Nados en Cardona Categoría:Nados en 1974 Categoría:Presentadores de televisión de Cataluña Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Humoristas de Cataluña Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Cantantes de Cataluña