Combourg (en , en galó: Conbórn) é unha comuna francesa do departamento de Ille e Vilaine, na Bretaña. A importancia da cidade está asociada ao escritor romántico François-René de Chateaubriand, así como ao seu castelo, coñecido, segundo a lenda por albergar a pantasma dun gato. O seu alcume de "berce do romanticismo" débese ao escritor que pasou parte da súa mocidade no castelo.
Xeografía Cidade da Alta Bretaña, Combourg tamén está na estrada de Portes de Bretagne. Atópase entre Rennes e Saint-Malo, en Ille-et-Vilaine, a 386 km de París, 39 km de Rennes e 36 km de Saint-Malo.
Xeoloxía e relevo A superficie da comuna é de 6.355 hectáreas; a súa altitude varía de 22 a 120 metros. É, tamén, a novena cidade máis grande do departamento.
Hidrografía
Está cruzado polo Linon que recibe augas do Dore como afluente.
Administración Lista de alcaldes Período Nome Partido 1977-1983 Joseph Hubert Centro esquerda 1983-1995 André Belliard RPR 1995-2001 Marie-Thérèse Sauvée PS 2001- Joël Le Besco UMP
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos do departamento de Ille e Vilaine