Clara Lago Grau, nada en Torrelodones (Madrid) o 6 de marzo de 1990, é unha actriz española.

Biografía Clara Lago Grau naceu en Torrelodones, un concello achegado a Madrid, filla dun deseñador gráfico e dunha contacontos. Con só nove anos, participou en varias series de televisión con papeis menores até a súa incorporación ao elenco de Compañeros (Antena 3) como Desirée, a moza de Lolo. Na gran pantalla, tras pór a voz de Bea en Terca vida (2000), non arrincou a súa carreira na sétima arte até 2002 cando protagonizou El viaje de Carol, filme dirixido por Imanol Uribe. O seu primeiro papel protagonista no cinema valeulle para ser nomeada ao Goya de 2002 como Mellor actriz revelación.

En 2004 estreouse La vida que te espera, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón e protagonizada por Juan Diego, Luís Tosar e Marta Etura. En 2004 e 2005 participou en diversas tempadas de Hospital Central como Candela, a filla de Cruz (Alicia Borrachero). En 2006 protagonizou Arena en los bolsillos, dirixida por César Martínez Herrada. En 2007 participou no filme El club de los suicidas, de Roberto Santiago. Este mesmo ano volve á televisión con Los hombres de Paco, como Carlota Fernández, irmá secreta de Lucas (Hugo Silva).

En 2008 rodou El juego del ahorcado un filme de Manuel Gómez Pereira, que protagoniza xunto a Álvaro Cervantes, no elenco tamén se atopa a actriz Adriana Ugarte. Ese ano incorporouse ao elenco de LEX (Antena 3), xunto a Javier Cámara, Santi Millán e Álex González, baixo as ordes de Daniel Écija. En outubro de 2008 rodou El mal ajeno, producida por Alejandro Amenábar, compartindo cartel con Belén Rueda e Eduardo Noriega. O guión corresponde a Daniel Sánchez Arévalo con quen seguiría a traballar posteriormente.

En 2011 participou no filme Primos xunto a Quim Gutiérrez, Raúl Arévalo, Antonio de la Torre e Inma Cuesta entre outros. Este mesmo ano protagonizou La cara oculta, xunto a Quim Gutiérrez, filme polo que foi premiada como nova promesa do cinema europeo na Berlinale e que recibiu un Premio Macondo outorgado pola Academia Colombiana de Artes e Ciencias Cinematográficas.

O 22 de xuño de 2012 estreou Tengo ganas de ti, a secuela de Tres metros sobre el cielo, a cal protagoniza xunto a Mario Casas e María Valverde Rodríguez. Tengo ganas de ti foi a segunda película española máis taquillera do seu ano. En novembro de 2012 estreou o filme Fin, xunto a Maribel Verdú e Daniel Grao.

O 15 de novembro de 2013 participou no filme ¿Quién mató a Bambi?. En 2014 estreou unha miniserie para Antena 3, El corazón del océano, da man de Hugo Silva e Álvaro Cervantes. Tamén ese ano, estrea a cinta alemá Eltern, onde interpreta a unha Au pair arxentina.

En 2014 estreou o filme Ocho apellidos vascos no papel de Amaia, onde comparte protagonismo con Dani Rovira e Karra Elejalde entre outros. A comedia converteuse no filme máis visto do cinema español. Posteriormente representou a obra de teatro La venus de las pieles dirixida por David Serrano. En 2015 filma dous filmes máis: Extinction en inglés e Ocho apellidos catalanes, secuela de Ocho apellidos vascos, onde volve interpretar a Amaia.

Filmografía

Cinema Filmes Ano Título Director Papel 2000 Terca vida Fernando Huertas Bea (voz) 2002 El viaje de Carol Imanol Uribe Carol 2004 A vida que che espera Manuel Gutiérrez Aragón Genia 2006 Arena en los bolsillos César Martínez Herrada Elena 2007 El club de los suicidas Roberto Santiago Laura 2008 El juego del ahorcado Manuel Gómez Pereira Sandra 2009 El mal ajeno Óskar Santos Ainhoa2011 Primos Daniel Sánchez Arévalo Clara2011 La cara oculta Andrés Baiz Belén2012 Tengo ganas de ti Fernando González Molina Gin2012 Fin Jorge Torregrossa Eva2013 Eltern Robert Thalheim Isabel2013 ¿Quién mató a Bambi? Santi Amodeo Mati2014 Ocho apellidos vascos Emilio Martínez-Lázaro Amaia Zugasti2014 Against the Jab Santi Amodeo Pénelope2015 Extinction Robert Thalmen Woman2015 Ahora o nunca Maria Ripoll Tatiana2015 Ocho apellidos catalanes Emilio Martínez-Lázaro Amaia Zugasti

Televisión Series Ano Título Papel Notas 2000- 2002 Compañeros Desirée Papel recorrente 2000 Manos a la obra Estela 1 episodio 2004- 2007 Hospital Central Candela Papel recorrente 2007- 2008 Los Hombres de Paco Carlota Fernández Papel recorrente 2008 LEX Eli Estrada Papel principal 2014 El corazón del océano AnaMiniserie. Principal

Teatro ObrasAnoTítuloDirectorPapel2013 Shopping & Fucking Oriol Rovira Lulú2014La venus de las pieles David Serrano Vanda

Premios e nomeamentos Premios Goya Ano Categoría Filme Resultado2002Mellor actriz revelaciónEl viaje de CarolNomeada

Festival de Cine Español de Tolosa Ano Categoría Filme Resultado 2004 Mellor actriz revelación A vida que che espera Gañadora

Festival Solidario de Cine Español Ano Categoría Filme Resultado 2009 Mozos actores do cinema español 2008 El juego del ahorcado Gañadora

Festival Internacional de Cinema de Berlín Ano Categoría Filme Resultado 2012 Nova promesa do cinema europeo La cara oculta Gañadora

Premios Macondo Ano Categoría Filme Resultado 2012 Mellor actriz de elenco La cara oculta Gañadora

Neox Fan Awards Ano Categoría Filme Resultado 2012 Mellor actriz de cinema Tengo ganas de ti Nomeada 2013 Mellor actriz de cinema Fin Gañadora 2015 Mellor actriz de cinemaAhora o nuncaNomeada

Premios Unión de Actores Ano Categoría Filme Resultado 2014 Mellor actriz protagonista de cinema Ocho apellidos vascos Nomeada Mellor actriz revelación de teatro La venus de las pieles Nomeada

Notas

Véxase tamén Bibliografía Filmes de Clara Lago en CINE.COM

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados na Comunidade de Madrid Categoría:Nados en 1990 Categoría:Actores de cinema de España