O báculo de Mondoñedo é unha peza románica do primeiro cuarto do século XIII da colección permanente do Museo Nacional de Arte de Cataluña.Ficha da obra no sitio web do MNAC. Procede de Limoges, dun sartego atribuído ó bispo de Ribadeo, Paio de Cebeira (Siveira) (1199-1218). Foi depositado cara a 1855 na catedral de Mondoñedo, provincia de Lugo. Entrou no museo proveniente da adquisición da colección Plandiura, en 1932.MNAC/MAC 4544
Descrición Coma produto do obradoiro de Limoges é unha das pezas máis salientábeis da colección. Trátase dun dos poucos obxectos de ourivaría románica do museo do cal se coñece a procedencia. Está documentado dende 1746 na antiga igrexa de santa María do Campo, en Ribadeo, e sufriu diversas vicisitudes até chegar ao museo. O tema da voluta é adoito habitual neste tipo de pezas, o Arcanxo Miguel matando o dragón, e asemade característico das series de Limoges.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Escultura románica Ligazóns externas Museu Nacional d'Art de Catalunya
Categoría:Mondoñedo Categoría:Escultura relixiosa de Galicia Categoría:Escultura románica Categoría:Museo Nacional de Arte de Cataluña Categoría:Ribadeo Categoría:Ourivaría