Xulio Ernesto Abalde Alonso, nado en Vigo en 1956, é un científico, profesor universitario, reitor da universidade da Coruña de 2016 a 2024 e político galego.

Traxectoria Licenciouse en Bioloxía en 1978 pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1982 comeza a investigar no campo das microalgas baixo a supervisión de Jaime Fábregas, e doutórase en 1985. Trasládase como docente ao campus da Coruña, e de aí ao campus de Lugo, e en 1987 regresa á matriz santiaguesa cun posto de profesor contratado e ao ano seguinte de profesor titular da área de microbioloxía. Coa creación das tres universidades galegas, en 1991 incorpórase á Universidade da Coruña, onde é docente dende aquela.

As súas liñas de pescuda viran ao redor da produción masiva de microalgas e o seu aproveitamento en acuicultura e alimentación animal, ao redor da fisioloxía das microalgas sometidas a situacións de estrés producido pola contaminación. miniatura|Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, papeleta do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña. Foille concedida a praza de catedrático de microbioloxía. Administrativamente ocupou cargos internos no seu departamento e en 2005 foi nomeado director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, cargo que ocupa ata 2009. En 2011 forma parte do equipo co que Xosé Luís Armesto concorre ao reitorado e ocupa logo da súa vitoria o vicerreitorado de "Títulos, Calidade e Innovación Tecnolóxica".

Nas eleccións ao reitorado da Universidade da Coruña de decembro de 2015 presentouse como candidato da liña continuísta, chamada "Nova Luce". Neses comicios obtivo unha ampla vitoria (3445 votos a 2805) fronte ao opositor Daniel Pena. Nas eleccións celebradas en decembro de 2019 revalidou o cargo co 70 % dos votos, desta vez con Fernando Martínez Abella como rivalJulio Abalde, reelixido como reitor da Universidade da Coruña, GCiencia, 4 de decembro de 2019..

Tras retirarse do reitorado en decembro de 2023, formou parte da candidatura do PSdeG-PSOE nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 e foi elixido deputado. En setembro de 2025 abandonou o Parlamento para ser nomeado Subdelegado do Goberno na provincia da Coruña.

Vida persoal Está casado e ten dous fillos.

Notas

Categoría:Reitores da Universidade da Coruña Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE