O Reino de Sussex ou Reino dos saxóns do Sur (en inglés antigo: Sūþseaxna rīce) foi unha colonia saxoa e posteriormente un reino independente dos saxóns na costa sur de Inglaterra fundado no século V, tras a retirada dos romanos da illa de Britania. Foi un dos estados da denominada Heptarquía Anglosaxoa, período da historia inglesa entre os séculos V e IX. Aínda que é considerado un dos sete reinos principais da Heptarquía, a súa importancia política foi menor mesmo que a dalgúns reinos considerados secundarios como Hwicce ou Lindsey. A historia do reino está chea de lagoas e os reinos veciños de Wessex e Mercia exerceron o seu dominio sobre Sussex desde mediados do século VI até a súa incorporación definitiva ao reino anglosaxón no 825.
Orixes do Reino de Sussex A fundación do Reino de Sussex é a máis escura e controvertida de todos os estados da Heptarquía, por unha banda a falta de fontes históricas da época, por outro a falta de achados arqueolóxicos que avalen a historia e por último, as grandes lagoas entre a suposta fundación do reino e as posteriores referencias a Sussex.
A Lenda
As Crónicas anglosaxoas (ASC) cóntannos que os saxóns chegaron a Sussex no 477 en tres barcos ao mando de Ælle e o seu tres fillos Cymen, Wlenking e CissaThe Anglo-Saxon Chronicle James Ingram.. Desembarcaron nun lugar chamado Cymenshore, alí mataron a moitos britanos e fixéronos fuxir cara ao bosque de AndredesASC Parker MS. 477AD.". En 485 Ælle derrota aos britanos nun lugar chamado Mecred's- BurnstedASC Parker MS. 485AD.". E no 491 cercan o forte de Andredes, conquístano e masacran os seus habitantesASC Parker MS. 491AD.". Entre o 491 e o 607 onde a crónica di que Ceolwulf de Wessex loita contra os saxóns do sur, atopámonos un enorme baleiro. Temos outras mencións de Ælle: Beda faino ao nomear a lista de Bretwaldas (principal gobernante de Britania), e di que Ælle foi o primeiro deles. Igualmente as ASC colócano como primeiro Bretwalda na súa propia lista, que se atopa na entrada do ano 827, aínda que esta parece baseada na de Beda.
Localizacións
Cymenshore (tamén Cumeneshore, Cumenshore, Cimeneres horan, Cymeneres horan: O lugar de desembarco dos saxóns non está avalado por evidencia arqueolóxica ningunha, por algunhas referencias cruzadas con documentos, algúns historiadores sitúano preto de Selsey, no sur da península (cabo de Selsey Bill), nos Owers ou o Mixon (illotes e bancos de area ao sur do cabo) ou ao norte da península na baía de PaghamS. E. Kelly, Charters of the Selsey, Anglo-Saxon Charters Volume VI p. 118" - Oxford, The British Academy - Oxford University Press, 1998.Martin Welch: Early Anglo-Saxon Sussex: from Civitas to Shire, in Brandon (1978), pp.13-35.. Mecred's- Burnsted (tamén Mercredesburne ou Mearcred's Burn): O lugar da primeira batalla entre britanos e saxóns é tamén incerto, o historiador británico Welch di que tal nome significa:“o río que marca a fronteira do tratado”, é dicir, o lugar onde os saxóns se asentaron como foederati por algún tratado con mandatarios britanos (posibelmente Vortigern) e sitúao nalgún lugar entre o Ouse e o Cukmere, onde se supón que había asentamentos saxóns xa a inicios do século VWelch.. Andredes Leag ('Bosque de Andredes'), Andredesceaster ('Forte de Andredes'): En xeral os historiadores están de acordo en que se refiren ao Weald, o conxunto de outeiros boscosos que ocupaban o norte de Sussex, e á fortificación de Anderitum (a actual Pevensey). A concatenación destes lugares parecen indicar unha posíbel conquista do territorio por parte dos saxóns partindo do Oeste (península de Selsey) cara ao leste (Pevensey) ao longo de 14 anos. Mons Badonicus (Monte Badon ou Badon Hill): É a primeira gran batalla entre britanos e saxóns, que se dá nalgún lugar ao longo do val do río Avon, e da cal descoñecemos a súa localización exacta. Algúns autores supoñen que Ælle, como bretwalda, estaba á fronte das tropas saxoas. A derrota dos saxóns por parte do exército britano-romano é posíbel que sexa a explicación para o silencio histórico de máis dun século nas crónicas saxoas, a vitoria celta talvez retardou o avance saxón cara ao interior de Inglaterra durante 100 anos. Achados arqueolóxicos
A localización de enterramentos indícanos a presenza de asentamentos próximos, a presenza de certos obxectos, vasillas, adornos, moedas etc., permiten datar os sitios arqueolóxicos. A principal área de tumbas datada no século V atópase entre os cursos baixos do Ouse e o Cuckmere, en Sussex Oriental, que é a zona onde se cre que se asentaron os saxóns federados, e nelas atópanse obxectos de metalurxia romana, posibelmente de inicios do século V, moi anterior á suposta chegada de ÆlleDown, Alec; Martin Welch (1990).Bell, Martin (1978)) p.64 - Bell explica as razóns da temperá emigración de mercenarios anglosaxóns a Sussex e as evidencias arquolóxicas que o avalan. Na rexión oeste tamén se atoparon cemiterios en Highdown, próximo a Worthing entre a desembocadura do río Arun e o río Adur, e en Apple Down, a 11 Km ao nordés de Chichester, aínda que con menos evidencias, tamén parece que ambos os sitios son anteriores ao 477Bell, Martin (1978).. É moi significativa a total ausencia de cemiterios ou artefactos saxóns da época na área de Chichester-Selsey, polo que é moi posíbel que no século V Chichester continuase sendo a Noviomagus Reginorum dos britanorromanosDown, Alex; Martin Welch (1990).Martin Bell: Saxon Settlements and buildings in Sussex, in Brandon (1978),p.64..
Teorías sobre a orixe de Sussex
Teoría Clásica: É a que dá máis ou menos crédito ás ASC, os saxóns do sur entraron en Britania desembarcando no oeste de Sussex, na zona de Selsey e foron penetrando no territorio de oeste a leste, formando o reino de Sussex. A teoría ten ao seu favor que é coherente coas fontes históricas, aínda que estas non sexan moi fiábeis ao ser escritas varios séculos despois. Na súa contra ten os datos arqueolóxicos e o inexplicábel baleiro de máis dun século, aínda que puidese ser pola derrota saxoa en Monte Badon e a posíbel reconquista britana da zona. Ademais resulta chocante que o rei do pouco poboado reino de Sussex liderase ao groso das tropas saxoas, habendo na mesma época reinos que parecen máis potentes, como Essex ou Kent, aínda que hai que ter en conta que Ælle non aparece citado inicialmente nas ASC como rei de Sussex e só se fai na entrada do ano 827 (Ela, rei dos saxóns do sur). Teoría do Támese: A vía de penetración principal dos saxóns sería o val de Támese, o amplo esteiro do río foi a zona ideal de desembarco dos continxentes saxóns que irian aos poucos penetrando no interior, primeiro colonizando Essex (East-saxon), despois Midlessex (Midle-saxon) e desde alí cara ao sur (South-saxons) e o oeste (West-saxon). A colonización de Sussex viría entón desde o norte, desde Londinium, atravesando o Weald por Surrey e entrando nos vales do Arun, Ouse e Cuckmere. A colonización polo sur sería levada a cabo polos xutos, provenientes de Kent, como así o testemuñan os pequenos reinos de Wight e do val do Meon (Meonware) na zona do Solent. Ælle, no caso de que existise, sería talvez o líder das tropas saxoas que penetraban polo Támese e que foron momentaneamente detidas polos britanos na batalla do Monte Badon. O reino de Sussex non se formaría entón até o ano 645, no cal Penda de Mercia nomea rei de Sussex a Aethelwealh, nunha zona de establecementos dispersos de saxóns como existían en moitos outros lugares de Inglaterra (Surrey, Hertfordshire, Hwicce etc.…). A teoría concorda bastante ben cos datos arqueolóxicos e históricos e non contradí demasiado as fontes antigas, que poderían ser escritas moi posteriormente aos feitos Teoría escéptica: Sussex nunca chegou a establecerse como reino, a lenda de Ælle e os seus fillos e o desembarco en Selsey é só lenda, os personaxes non existiron e os feitos non ocorreron. En realidade o reino de Sussex nunca existiu como tal, senón ás veces como un sub-reino de Mercia ou WessexMartin Welch.Jones.. Os gobernantes de Sussex non eran máis que sub-reguli ou ealdormen dos reinos principais, o territorio pouco poboado foi sempre unha rexión marxinal na historia xeral da heptarquía. Aínda que radical, esta teoría casa perfectamente cos datos que temos sobre Sussex, ou máis ben coa ausencia dos mesmos. O establecemento de poboamentos dispersos sen cohesión política entre eles e máis ou menos independentes non é tampouco estraño na Inglaterra anglosaxoa.
Xeografía centre|miniatura|800x800px|Mapa do Reino de Sussex. Os límites do reino saxón de Sussex coinciden en xeral cos do antigo pobo de britano dos regneneses e co posterior condado inglés de Sussex, que na actualidade está separado nos condados de East Sussex e West Sussex. Situado na costa meridional da illa de Gran Bretaña, toda a súa fronteira sur limitaba coa Canle da Mancha, ao leste situábase o reino xuto de Kent, ao oeste o reino saxón de Wessex e ao norte Suther-ge (Surrey) rexión disputada polos veciños de Kent, Mercia, Essex e Wessex.
Todo o reino era montuoso e boscoso, o norte estaba ocupado polo bosque de Andred (Andredes Leag), o que actualmente é coñecido como The Weald zona de outeiros de arenito de entre 200 e 300 metros de altura cubertas de vexetaciónGallois R.W. & Edmunds M.A. (4th Ed 1965), The Wealden District. Ao sur destas alzábanse os outeiros de creta branca coñecidas como South Downs (do saxón, dun 'outeiro'), que chegaban até o mar formando impresionantes cantís brancos de máis de 100 m de altura. A maior altura do país atopábase nestes montes, o Blackdown de 280 metros. A formación de outeiros era cortada por catro vales fluviais, de oeste a leste: o do Arun, o Adur, o Ouse e o Cuckmere, en cuxas desembocaduras se atopaban os mellores portos.
A zona suroeste era a máis chaira, nela o pequeno río Lavant desembocaba na intricada baía de Chichester que abría cara ao Solent, estreito que separaba a illa de Wight da de Gran Bretaña. A baía era pechada ao sur pola península de Selsey, onde supostamente desembarcaron os primeiros saxóns que fundaron o reino. Ao sueste as marismas do río Rother (Romney Marsh) facían de fronteira entre Sussex e KentThe Romney Marshes Natural Area.
Poboación e localidades As agrestes terras do Sussex medieval non eran as máis indicadas para un poboamento moi denso, aínda que presentaban certas similitudes coa terra de orixe dos invasores, a saxonia xermánica. O patrón de asentamento en case todo o territorio foron as pequenas comunidades familiares dispersas, dedicadas á gandaría ovina e bovina, a silvicultura, a caza e as pequenas explotacións agrícolas. Os topónimos das localidades actuais testemuñan este patrón, os termos anglosaxóns ham ('aldea'), tun ('poboado'), denu ou dean ('pasto'), hurst ('bosque'), etc.., están presentes en moitos dos nomes de aldeas da zona, sobre todo na rexión do Weald e dos South Downs. Tamén é habitual o sufixo –ing ('fillo de'), o que mostra o tipo familiar de asentamento, así por exemplo, Chiltington (Chidingtune) significa “o poboado da familia de Chid”, estes grupos familiares deben entenderse en forma ampla, desde familias dalgunhas decenas de membros até clans de varios centenares e mesmo milleiros. Os Haestingas ( “a xente de Haest”), por exemplo, eran un clan que controlou de forma independente o sueste de Sussex en torno á aldea de Hastings, ao que deron nome, ata que foron sometidos finalmente por Offa no 771.